Piden a anulación da volta ás aulas este 8 de xaneiro polo estado das estradas
Ante a innumerable sucesión de incidencias nas estradas da comarca estes días por mor das placas de xeo, o BNG de Cee vai pedir que se suspendan as clases para este venres 8 de xaneiro.
”Parécenos unha temeridade que poida haber, nestas condicións, un servizo de transporte colectivo, así como calquera desprazamento”, explica o voceiro do BNG de Cee e responsable do BNG Costa da Morte, Serxio Domínguez. “Por iso imos facer as xestión pernitentes diante da Consellería para que tomen esta decisión con urxencia en toda a Costa da Morte”.
Domínguez comprobou a presencia de polo menos un botando sal pola AC-552, pero entende que “é imposible chegar a todas as estradas secundarias, e os Concellos non teñen a capacidade nin técnica nin persoal para manter as estradas en bo estado a partir das 7:30h”.
Por iso solicitan esta moción de urxencia e cando menos piden que suspenda o servizo de buses.
Novas relacionadas
- 07-01-2021: Envorca un camión de porcos en Quintáns
- 07-01-2021: Nova mañá de incidencias nas estradas.
- 05-01-2020: As xeadas provocan numerosas incidencias nas estradas.