Piden que se anule a inhabilitación á Secretaria Municipal de Coristanco
Segue a vida política municipal moi axitada por Coristanco. Os grupos da oposición xa teñen manifestado que pode haber “unha man negra no intento de inhabilitación da secretaria municipal”, un asunto que volverá ao pleno o vindeiro 26 de novembro. I é que o BNG rexistraba onte dúas iniciativas para tratar no mesmo, relativas ao expediente aberto á Secretaria Xeral do Concello de Coristanco.
Primeiramente, unha moción na que se propón que o Pleno da Corporación solicite á Dirección Xeral de Administración Local a suspensión do expediente de inhabilitación aberto á Secretaria Xeral.
E tamén rexistrou o BNG local un “rogo dirixido ao alcalde do Concello, no que se lle reclama a convocatoria dunha xunta de portavoces urxente e a posta a disposición dos grupos políticos de toda a documentación relativa a este expediente, así como á denuncia por acoso laboral formulada previamente contra o alcalde de Coristanco por parte da Secretaria Xeral”.
Moción contra a LOMCE
Así mesmo, o BNG tamén rexistrou para o seu debate na próxima sesión plenaria unha moción na que pide a cobertura da praza de pedagoxía terapéutica no colexio Xosé Pichel.
Esta demanda, formulada pola ANPA Xeremolos, contou co apoio de varios centos de sinaturas, entre as cales se atoparon as de todas as forzas políticas do Concello de Coristanco.
Novas relacionadas
- A oposición ve unha man negra no intento de inhabilitación da secretaria municipal de Coristanco.
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- O BNG de Coristanco denuncia vertedoiros incontrolados e novas sospeitas de prevaricación.
Fonte
- BNG de Coristanco.