Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Unha pioneira enquisa para avaliar, entre tod@s, o estado de saúde do noso océano

Infographic_OHI_Citizen Consultation_GA_
Unha pioneira enquisa para avaliar, entre tod@s, o estado de saúde do noso océano

Xa teñen pasado pola comarca para reflexionar sobre a incidencia social da Reserva Mariña. Volve o grupo EqualSea Lab da Universidade de Santiago de Compostela, pedir a nosa colaboración na posta en marcha e desenvolvemento do Índice para a Saúde do Océano (Ocean Health Index) en Galicia, para determinar como de saudables son os océanos.

Como parte deste plan de traballo, lanzan unha consulta cidadá para avaliar o estado de saúde do océano na costa de Galicia, que axudará a coñecer as percepcións da cidadanía achega da saúde e dos beneficios do ambiente mariño-costeiro en Galicia, como as persoas interactúan co océano e como iso inflúe no seu propio benestar.

A consulta cidadá sobre a saúde do océano en Galicia é pioneira, xa que é a primeira que se realiza en Europa. A enquisa estará dispoñible até o 31 de marzo de 2023, e xa pode accederse a ela dende aquí.

Novas relacionadas

Comentarios