Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Plataforma de Turismo ás administracións: “Temos que coidar o Camiño de Santiago e o Camiño dos Faros"

  • "Non somos gardiáns", lémbralle o sector ás forzas de seguridade e aos concellos.
Camino dos Faros en marcha
A ponte de San Xosé demostrou que o Camiño dos Faros é un produto fundamental
A Plataforma de Turismo ás administracións: “Temos que coidar o Camiño de Santiago e o Camiño dos Faros"

A recén creada Plataforma de Turismo e Hostalería de Costa da Morte (que aglutina 12 Asociacións, 600 socios e máis de 3.5000 familias), describe a folla de ruta a seguir polo sector nesta Semana Santa 2021.

No marco desta desecalada o sector quere llembrarlle ás forzas de seguridade e aos Concellos que “non somos gardiáns, nin policías. Si que temos a obriga de facer seguir as normas que corresponden aos nosos negocios, pero non somos policías, para enfrontarnos a ninguén”.

Ademais piden as administracións que coiden “os produtos que xa temos, e que son tan fundamentáis, nesta época de distanzamento social, como son o Camiño de Santiago Muxia-Fisterra e o Camiño dos Faros”. E fan fincapé no amiño dos Faros: “Estamos a ver, ao igual co ano pasado, que a xente pregunta moitísimo por el, que xa temos moitas reservas relacionadas co Sendeirismo, e aínda que sexa un Camiño que non está homologado, como moitos outros, a xente interesaxe e vaino facer, como ocorreu xa, nesta ponte de San Xosé”.

”Pensamos que é responsabilidade dos Concellos, mantelo limpo, independentemente da homologación, posto, que si a xente vai pasar por el, estea ou non estea limpo, deberíamos facer o máximo posible para que non se sufra nengún percance, e eso vai ser menos probable que pase se se mantén limpo, non por non limpalo a xente non vai deixar de vir, sexamos responsables coa xente que nos visita, e procuremos minimizar os riscos, ó demáis xa e responsabilidade de cada un”, valoran.

Comunicación directa

Piden comunicación directa coa Deputación, e outros axentes relacionados co Turismo, como o Cluster, Deputación, Xunta, as diferentes asociacións da Plataforma, concellos, etc. Pero tamén coa Plataforma Salvemos os Penedos, por exemplo.
Do ente provincial solicitan o comezo de cursos de Formación reglada con módulos de hostalería e restauración, e algunha iniciativa para mover a ruta de sendas BTT da comarca.

Autocaravanas

Autocaravanas en Nemina
Autocaravanas en Nemiña esta fin de semana

Xa, por último, recalcan “a necesidade de regular o estacionamento das autocaravanas: “non pode ser que poidan estacionar en calquera sitio por tempo ilimitado, xa sabemos que non teñen parkings habilitados para elas, na nosa zona, pero non deberían estacionar en sitios estratéxicos como paseos marítimos, portos, zonas protexidas, etc. Intentando habilitar zonas para elas”.

Novas relacionadas

Comentarios