Martes. 10.09.2024
El tiempo

A Plataforma Vendaval convírtese en Asociación

Plataforma Vendaval convírterse en Asociacion
A Plataforma Vendaval convírtese en Asociación

Dous anos despois da sua creación, a Plataforma Vendaval convértese en Asociación Vendaval Costa da Morte. Así o ratificaron na asemblea de constitución celebrada na Casa de Cultura de Corcubión este pasado 25 de agosto de 2024

O principal fin da Asociación Vendaval Costa da Morte segue a ser "a protección e posta en valor do noso territorio mediante a defensa do medioambiente, a cultura e o patrimonio, protexendoo das diferentes ameazas. Sendo un dos seus obxectivos principais as zonas de especial sensibilidade. Traballando sempre dende a diversidade e facendo do ecoloxismo a nosa folla de ruta".

Teñen manifestado a súa posición en contra de certos parques eólicos, do expolio enerxético ou de proxectos concretos como a estación reversible da Ruña.  

Directiva da Asociacion Vendaval

A Xunta directiva foi aprobada por unanimidade cos seguintes cargos:

  • Presidenta: Lorena Suárez Pazos
  • Vicepresidente: Alexandre López Romero
  • Secretaria: Merche Díaz Mayán
  • Tesoureira: María Cristina Camba Daparte 
  • Vogais: Jorge Antonio Fiúza Barreiro, Xaime Trillo Canosa, Jesús Manuel Túñez Castro, Serxio Domínguez Louro, Xilberto Caamaño Beiro, César Fernando Pérez Martínez, Xaime Castrillón Mugía, Andrés Castro Fiuza, Rafael Xosé Mouzo Lago.

Máis novas

Comentarios