Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Plataforma Vendaval leva a loita contra o "fascismo enerxético" por puntos emblemáticos da comarca

Vendabal elvando a loita contra os eolicos
Membros de Vendaval en Sembra
A Plataforma Vendaval leva a loita contra o "fascismo enerxético" por puntos emblemáticos da comarca

Vendaval segue coa xeira de concentracións por toda a bisbarra, que cada quince días os levará a puntos emblemáticos da bisbarra e que se ven, ou verán, afectados pola invasión eólica que estamos a padecer.

Nesta ocasión subiron a Sembra, o monte que rodea aos núcleos de Cee e Corcubión, e que vai ser, si a soceidade non se rebela, "pasto da proliferación de muiños de vento co parque homónimo, e que pola súa dimensión depende do Ministerio de Transición Ecolóxica". 

Nas últimas semanas, e segundo lles informaba o BNG ceense, houbo movementos por parte das empresas que estiveron poloo concello de Cee para interesarse por terreos do propio monte, descoñecendose, polo de agora, si é para o propio parque ou para outro.

En calquera caso, lembran que a península de Fisterra (Cee, Corcubión e Fisterra) está ameazada por até tres parques nas zonas de Banle (Ameixenda), San Pedro Mártir, Sardiñeiro, Pereiriña, Lires, Cabaleriza e a propia Sembra. 

Vendabal elvando a loita contra os eolicos 2

"Fascismo enerxético"

Na propia concentración aproveitaron para lanzar a campaña "Malos ventos para os nosos montes. Fascismo Enerxético", unha campaña que pretende "concienciar a veciñanza dos problemas que veñen asociados co despregue da enerxía eólica de forma indiscriminada. Afectacións as augas de consumo dos núcleos de poboación, os problemas sobre a saúde humana e animal que conlevan a contaminación acústica e os campos magnéticos producidos polos muiños de vento, a destrucción do patrimonio como as mámoas e os petrogilfos, a desaparición de fauna e flora autóctona ou o grave perxuizo contra o sector turístico e o Camiño de Santiago, son só algunhas das "maldades" que, nen empresas nen as administracións nos contan. A todas elas cómpre sumar a nula repercusión económica que traen consigo os parques", explican.   

vendaval_fascismo_enerxetico_web

Comentarios