venres. 19.12.2025
El tiempo

Proxecto NÓS: “Que as máquinas entendan e falen galego”

Presentacion do Proxecto NOS-Foto-Marcus Fdez Codigo Cero
Presentación do Proxecto NOS-Foto-Marcus Fdez. de Código Cero
Proxecto NÓS: “Que as máquinas entendan e falen galego”

Ese é un dos obxectivos principais do proxecto Nós, unha iniciativa publico-privada que trata de ofrecer ferramentas para que empresas de todo o mundo poidan desenvolver recursos dixitais na nosa lingua. De feito, o chatGPT, deepseek ou Gemini falan tan ben en galego a día de hoxe gracias á recollida de datos realizados neste arredor de NÓS.

Así o explicou Rubén Cela (USC) este xoves 18 tivo lugar en Compostela na presentación de resultados dos tres primeiros anos de traballo do proxecto Nós, que se enmarca na iniciativa estatal ILENIA, e cuio futuro inmediato será ALIA.

14,15 h.-             O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, clausurarán a xornada Tecnoloxía en galego. Resultados de ILENIA-Proxecto Nós.  No Centro de Estudos Avanzados (finca de Vista Alegre, s/n). foto xoán crespo
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, o delegado do goberno Pedro Blanco e a directora estatal de IA Aleida Alcaide no acto. Foto: Xoán Crespo

Con presenza das administracións autonómica (estivo Valentín García, SXPL) e estatal (participou Aleida Alcaide, Directora Xeral de IA do goberno estatal, e o delegado do goberno en Galicia Pedro Blanco), da Universidade de Santiago de Compostela, do CITIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, do Instituto da Lingua Galega (ILG), pero tamén de empresas como Imaxine, Balidea ou Plexus, a xornada serviu de análise da situación do galego no marco mundial das tecnoloxías da linguaxe.

E de feito, un dos datos máis salientables é que a día de hoxe o galego está entre as 10 linguas mellor representadas, das 300 existentes na ferramenta de IA de Mozzilla Common Voice. Un pequeno detalle que marca o camiño para que a nosa lingua non quede atrás nesta carreira da intelixencia artificial.

Foi Elisa Fernández Rei, directora do ILG, a que apelou aos “dereitos lingüísticos no eido dixital”, lanzando un claro dardo á necesidade de que as administracións fomenten a igualdade da implantación linguas cooficiais do estado nestas ferramentas.

Recompilación de datos

Publicacions colaboradoras no Proxecto NOS
Publicacions colaboradoras no Proxecto NOS

O que fai desta iniciativa unha ferramenta tan necesaria para a utilización da lingua é a recompilación de datos que levan realizando nestes 3 anos, e para os que moitos medios e publicacións, como QPC, Código Cero, Mallando no Android, Pincha, Campo Galego, Nós TV (moitos membros da Asociación de Medios en Galego AMEGA)… levamos compartindo os nosos contidos. Un xeito de dignificar a nosa lingua, como facemos diariamente na rede, nas ondas e no papel, pero desta volta tamén na IA.

Precisamente, o proxecto quixo ter un agasallo con todos estes membros que colaboraron co proxecto, e foron varios ponentes os que afondaron na necesidade de seguir aportando datos e máis datos, para que o uso da nosa lingua sexa máis facilmente implementado, por exemplo, nos Axentes sanitarios de IA, nos que traballa, de xeito pioneiro en toda Europa, a empresa Balidea.

Ubaldo Cerquero de Quepasanacosta recollendo agasallo por colaborar co proxecto NOS
Ubaldo Cerqueiro de Quepasanacosta recollendo o agasallo por colaborar co proxecto NOS

Ferramentas últiles

Foi unha xornada moi didáctica, que ademais de reflexionar sobre a importancia da colaboración publico-privada (tanto as administracións como as empresas participaron destacaron este proxecto concreto como un exemplo do camiño que hai que seguir), serviu para coñecer novos recursos, completamente abertos para todo o mundo, persoa ou empresa, que nacen de aquí.

Como é o caso do tradutor NÓS, un novo “tradutor neuronal” que minimiza os erros. Unha ferramenta que xa pasamos a utilizar en QPC dende hoxe mesmo.

Falouse tamén da importancia das creacións das voces sinténicas de Celtia, Brais ou Sabela, que xa forman parte de moitos libros dixitais do programa e-dixgal, e que poderán formar parte de todos os proxectos empresariais que así o desexen.

A IA seguirá evolucionando, e o galego seguirá estando tan presente como o está a día de hoxe na rede, a pesar de que empresas como google aínda non o recoñezan nas búsquedas.

Comentarios