Mércores. 25.11.2020
El tiempo

PSOE e PP lánzanse responsabilidades sobre a inestabilidade de XEAL

O socialista Martín Seco na Comision de Industria
O socialista Martín Seco na Comision de Industria
PSOE e PP lánzanse responsabilidades sobre a inestabilidade de XEAL
Apenas un día despois de coñecer que o TSXG garante a vinculación da produción industrial e hidroeléctrica, e fixa os postos de traballo de XEAL, o asunto chegou á comisión de Industria do Parlamento Galego.

Desta volta, e con varias iniciativas presentadas polo BNG pendentes de tramitar, foi o portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, o que lle trasladaba unha pregunta á Xunta para que “garanta a viabilidade e a carga laboral” das fábricas de ferroaleacións e hidroeléctrica, e que lle esixa o Plan de Viabilidade que a propia Xunta ten recoñecido como indispensable.

Seco recorda os temores da plantilla, afectada por un ERTE, que mira como “Xeal estea centrando o seu futuro na explotación dos recursos enerxéticos, agravando o deterioro paulatino das fábricas e amortizando man de obra”. Así mesmo, reclamoulle á Xunta que manteña un encontro cos alcaldes da comarca “que lle piden con preocupación ao Goberno galego que os informe da situación na que se atopa a factoría”, que segue moi por debaixo da súa capacidade máxima de produción.

O responsable do goberno respostou cunha ofensiva contra o Ministerio sobre a necesidade da nova Lei da Industria Electrointensiva, e a pelota segue bailando de tellado en tellado.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios