QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte


Segue crecendo o diario dixital da Costa da Morte, Quepasanacosta. Pero é que crecemento de QPC neste último mes está sendo espectacular. Tras case que 4 anos de continuou crecimento, o vivido estes 3 últimos meses está sendo tremendo. A "Operación Orquesta", como non, está sendo un grande escaparate para que centos de veciños coñezan o noso traballo, libre, e comecen a lernos diariamente.
E se hai un par de meses xa superabamos o millón de visitas, as cifras seguen aumentando. E o que é máis importante, QPC segue xerando opinión nos problemas sociais da zona. As eleccións de maio son un bo exemplo.
Os datos non minten:
- Xa son case 3.000 visitas diarias de media.
- O crecremento é do 80% con respecto aos meses de marzo e abril do ano pasado.
- Temos duplicado os usuarios únicos con respecto ao ano pasado, e xa están nos 22.500 usuarios únicos mensuais.

Blog das eleccións

A nosa oferta segue crecendo. Se seguimos actualizando a Axenda Costa da Morte, traendo os mellores Recunchos da Costa, sendo o único espazo onde agregamos todos os horarios de autobuses, salvando vidas en Salvacadelos... este mes abrimos novos espacios.
Un é o blog das eleccións www.eleccionscostadamorte.com, onde recollemos todas as novidades sobre a campaña electoral, traemos todas as listas das candidaturas, achegamos entrevistas cos candidatos, e ata IkiMaps sobre os resultados en anteriores comicios.
A incidencia do blog está sendo moi positivo. 15.000 páxinas vistas nas 3 primeiras semanas e máis de 5.000 usuarios únicos avalan unha proposta que informa, e que xera opinión na bisbarra.
Ademais, estamos preparándonos para facer un completo seguemento o mesmo 22 de maio, a pé de furna con enviados especiais nas mesas dos 15 concellos para traer información en exclusiva dende que se pechen as mesas, ás 20:00h.
Tamén nas RRSS
A progresión de QPC faise patente tamén nas redes sociais. Xa chegamos aos 2.250 siareiros na nosa páxina de Facebook (que non "amigos"); xa pasan dos 1.150 no Tuenti de QPC; e no Twitter, que pouco a pouco continúa aumentando a súa incidencia na Costa da Morte, xa temos 300 seguidores.
Ademais, coa apertura do novo blog de QPC MOTOR abrimos un abano de novos amantes das 2 e das 4 rodas.
Máis información
Servizos QPC
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa.
- QPC Motor.
- Eleccións Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
- Buses Costa da Morte.
- Recunchos da Costa.
- Salvacadelos.
- Boletín para radiONeria e Radio Roncudo.
- Facebook de Que pasa na Costa.
- Twitter de Quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- 2010, un gran ano para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).