Venres. 29.03.2024
El tiempo

QPC sodes vós!

QPC sodes vós!

Uns 80 colaboradores, e outro medio centenar que non puido vir, do diario dixital da Costa da Morte quepasanacosta.gal xuntáronse este pasado sábado en Corcubión. Reuníronse nun acto de agradecemento que a familia QPC e Galinus quixo brindar pola súa desinteresada colaboración, que permite que o diario chegue a máis de 3.000 casas cada día.

I é que na Costa da Morte o xornalismo cidadán é unha realidade. E así o ratificamos diariamente facendo de vós un cento de enviados especiais por toda a bisbarra.

Hoxe, queremos enviarvos, unha vez máis, o noso eterno agradecemento por estar aí, e por facer do acto de onte un momento moi emotivo para toda a familia QPC. Estes días, con máis tempo, achegaremos a completa galería de fotos e un resumo do acontencido no Resturante Praia de Quenxe.

Moitas gracias!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios