Vernes. 24.05.2019
El tiempo

A quen lle interesa que ardan as ambulancias?

A quen lle interesa que ardan as ambulancias?

O pasado 8 de febreiro, os traballadores do sector do transporte sanitario celebraban a súa primeira folga. 3 días durou o primeiro paro, pero ante a falta de resposta por parte da Xunta nin dos empresarios, volveron parar do 18 ó 24 de febreiro e do 4 ó 10 de marzo. As negociacións parecen rotas, a pesar de que a Consellería de Sanidade tense recoñecido, por fin, como necesario interlocutor, polo os sindicatos (CIG, CCOO e UGT unidos por esta causa). Esta semana rompíase a mesa de negociación ao non chegar a un acordo sobre a recuperación da perda de poder adquisitivo tras case catro anos sen actualizar os salarios.

Deste xeito, e como os sindicatos aínda non teñen sequera unha próxima data de reunión, anuncian que dende o 20 de marzo a folga será indefinida.

Criminalizando ao sector

A realidade é que os ataques ás ambulancias continúan, entre pinchazos, pintadas ou as queimas. A de Carballo xa leva 4 incidencias, 5 a de Ponteceso, 1 a de Santa Comba, 1 a de Cee, 3 a de Mazaricos ou 2 a de Muros.

Pero é certo que os traballadores afectados están cansos do trato discriminatorio por parte dos medios, ben porque o único que queren é “carnaza” e líos, ou ben porque se sitúan do lado dos empresarios. Por iso queren desfacerse desa imaxe de “vándalos” que están a ofrecer os medios tradicionais desmarcándose das ambulancias queimadas, como xa nos sinalaran dende UGT.

Nese sentido, Óscar Vázquez, de UGT, deixa claro que “non hai nada que diga que son os traballadores do sector os que están causando estes destrozos, e sen embargo vemos que nos está facendo moito dano. Queren criminalizar un sector tremendamente profesional, coa intención de deslexitimar as nosas peticións, que son perfectamente loables pois levamos case 4 anos sen actualización de soldos, e mesmo temos enriba da mesa amenazas de impagos a partir do mes que vén”, explica.

”Este é un sector moi profesional e queremos deixar claro que non está quedando ningunha urxencia sen atender. E se hai retrasos, non é pola folga, é pola escasez de medios do sector que levando moi tempo tamén denunciando”, apunta.

A quen lle interesa que ardan as ambulancias?

E precisamente, os sindicatos sinalan con rotundidade que “nós nosdesmarcamos deses actos e poñemos en dúbida quen son os grandes interesados nestes actos de vandalismo”. Pregúntanse a quen lle interesa que ardan as ambulancias, e apuntan que as ambulancias só están ardendo os días que non hai folga. Por que?, porque as as aseguradoras non se fan cargo dos actos vandálicos en periodo de folga, pero si no resto do ano. De aí que os propios sindicatos sinalen con rotundidade aos empresarios, propietarios das mesmas, como responsables das queimas “aínda que aprece inverosímil”.

Conseguen con estes actos dous obxectivos: sinalar aos traballadores como “vándalos”; e ao mesmo tempo trasladan toda a presión á Xunta para que faga unha concesión moito máis xenerosa coas empresas que se presentaran e venceran o concurso presentando ofertas moi por debaixo do prezo real.

Novas relacionadas

Comentarios