Xoves. 21.03.2019
El tiempo

“Queimar ambulancias non nos fai ningún ben aos traballadores que loitamos por mellorar a nosa situación”

“Queimar ambulancias non nos fai ningún ben aos traballadores que loitamos por mellorar a nosa situación”

Pintadas nas ambulancias de Ponteceso Así queda a ambulancia de Ponteceso

Segue tensándose a corda no marco da folga dos profesionais do sector de transporte sanitario. Despois de semanas de rodas pinchadas e pintadas, a violencia deu un paso inaceptable co incendio dunha ambulancia. Acontecía esta pasada noite en Santa Comba.

Un acto que non beneficia en nada a imaxe dos traballadores, que teñen unha loita máis que lexítima por unha mellora das súas condicións. “Eso temos que condenalo, non nos fai ningún ben de cara ás nosas reivindicacións”, explica Óscar Vázquez, representante sindical de UGT. “Nós non temos nada que ver con eses actos, e en todo caso non nos deslixitima das cousas que pedimos, pois tras 3 anos de soldos conxelados é perfectamente normal que pidamos algunhas melloras”.

En todo caso, cómpre deixar claro que dentro do sector hai xente para todo. “Non todos somo saboteadores”, recoñece un traballador. “As pintadas aínda pasa, porque visibiliza o problema, pero isto non é respectable, aínda que hai que lembrar os vehículos son de Renting, e tampouco deixa de funcionar o servizo”, valoran.

A loita continúa, porque “pelexamos por unha subida de soldo, pero por melloras técnicas, melloras para os vehículos, máis vehículos máis persoal”, explica Vázquez.

En todo caso, os sindicatos demárcanse do runrun que se está xerando na poboación de os traballadores do sector a folga está pactada coa patronal para apretar á Xunta. “Eu desminto totalmente esto. Non hai ningún tipo de pacto, os grandes perxudicados do conflito somos os traballadoresm porque as empresas ata agora non perderon nada. “Baixo ningún concepto da man da patronal, o que nos faltaba despois de como nos están tratando”, sinala rodunto Vázquez, que lembra que ir á folga lles está constando cartos aos traballadores.

”O noso conflito é contra as empresas, pero tamén facemos responsable á administración, que son os responsables das contratas. A administracións téñense que involucrar porque as concesións”, recoñece. ”A folga non se vai parar mentres non haia un acordo”, avisa.

Reunión na Consellería

Este xoves 28 de febreiro hai reunión con todas as partes convocadas pola Consellería de Santidede. “Iremos á reunión pero esperamos chegar á reunión con algo máis, porque non podemos chegar á mesa co que hai, unha subida dun 0%, e ningunha mellora. A pelota está no tellado da Consellería, que é a que ten que mover ficha”, apunta.

 

Comentarios