Luns. 07.10.2024
El tiempo

As redeiras de Corme e Malpica sacan a súa vea artesá

A Concelleira Leticia Varela con Rosa
A Concelleira Leticia Varela quixo visitar o desenvolvemento do curso, e olla un deseño da redeira-artesá cormelá Rosa Rodríguez
As redeiras de Corme e Malpica sacan a súa vea artesá

Xa están a pleno rendemento os cursos de deseño para que as redeiras diversifiquen a súa actividade impulsados pola Fundación Artesanía de Galicia. Dende finais de mes 12 redeiras artesás de Cariño, Corme (da Illa da Estrela) e Malpica (do Fieital), aprenden novas técnicas coa deseñadora de moda Rosalía Castro.

Ata as máis aprendidas como Rosa Rodríguez ou María Xesús Veiga xa son veñas coñecidas da marca Artesanía de Galicia, xa todas unhas expertas na materia, toman boa nota dos novos deseños que saca Castro. “Sempre se aprende, claro. Ela quita uns modelos moi bonitos, pero a técnica teslla que poñer ti, que é de malla”.

A propia Rosa recoñece que a día de hoxe combinan moi ben as dúas dedicacións, tanto de redeira como de artesás, deixando claro con orgullo que “temos choio abondo”. Por Malpica, as bravas do Fieital aínda ten máis carga de traballo de mar, pero tamén traballan, pouco a pouco, a artesanía.

Curso de deseno para redeiras en Malpica

Novo curso

O 21 de novembro comeza o ‘Curso de iniciación para a aplicación das técnicas das redeiras ao sector da decoración’, que impartirá a deseñadora Raquel Sousa tamén nesta localidade coruñesa e para o que xa está aberto o prazo de inscrición (e artesaniadegalicia.xunta.gal).

Ademais, o proxecto Enredadas inclúe unha formación online sobre “Xestión básica da actividade comercial”, para aprender a analizar a produción e prezos de venda,. O curso, que remata o 25 de novembro, está impartido polos consultores Pablo López, Tania Aira e Adriana Hermida, da empresa Implicatum.

Novas relacionadas

Comentarios