Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As redeiras costeiras aprenden moda para diversificar o seu oficio

Elementos de Moda feito polas redeiras cormelas Rosa e Maria Jesus
Elementos de moda feito, con aparellos de pesca, polas redeiras-artesás cormelás Rosa e Maria Jesús
As redeiras costeiras aprenden moda para diversificar o seu oficio

Xa son auténticas pioneiras na diversificación da profesión. Algunhas das redeiras costeiras máis emprendedoras xa traballado ata para Loewe, ademais de seren boas protagonistas da marca Artesanía de Galicia. Ese exemplo serve para que a Consellería de Economía, Empresa e Innovación, desenvolva en Buño, o curso “Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos”.

A deseñadora Rosalía Castro desenvolverá esta actividade, que forma parte do proxecto Enredadas, co que se busca diversificar o oficio tradicional das redeiras en Galicia.

O curso Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos, de 60 horas de duración, estará impartido pola deseñadora de moda Rosalía Castro, e desenvolverase en Buño (Malpica de Bergantiños) os días 24 e 25 de outubro, 6, 7, 8, 14 e 15 de novembro. As inscricións deberanse realizar a través da páxina web da Fundación Artesanía de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios