Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un repaso á Elección Histórica Costa da Morte que QPC realizou en 2009

Eleccion HIstoria da Costa da Morte en QPC
Así era a imaxe principal daquela Elección Histórica da Costa da Morte en QPC
Un repaso á Elección Histórica Costa da Morte que QPC realizou en 2009

Durante o ano 2009 o diario dixital Quepasacosta artellou unha votación online para escoller os persoeiros máis importantes da historia da Costa da Morte. A Elección Histórica da Costa da Morte foi toda unha experiencia virtual, nos tempos nos que aínda non había redes sociais, coa participación de máis de 2.000 persoas.

A raíz da idea de Ángel M. Moar, e axudados por un comité de sabios de excepción (Xosé María Varela Varela, Xosé María Varela, Rafael Lema, Mar Llinares, Victor Castiñeira, Alejandro Lamas, Lurdes Pardo, Xoán S. Pazos, Xosé María Lema, Xelucho Abella, Suso Jurjo, Manolo Vilar, Suso de Basilio, Manuel Suárez Suárez, Xosé María Lema Rei, Luís Giadás, Juan Campos, José Luis Galovart Carrera ou Xosé Ramón Barreiro), escollimos os persoeiros máis ilustres de 14 concellos da comarca. 

Primeiro foron os especialistas os que fixeron a criba de escoller 3 persoeiros do seu concello. A partir de aí abriuse unha votación popular para escoller, primeiro os 14 máis importantes de cada concello, e despois a nivel comarcal.

Finalmente a votación popular deparou que o persoeiro máis importante da nosa historia é Eduardo Pondal. Atrás quedaron os outros 13 finalistas, de entre os que destacan a figura de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle. A figura de Man mantivo unha dura loita ata o último suspiro co pontecesán. Os lectores elixiron a Alejandro Finisterre como o terceiro Persoeiro da Costa, por diante do ceense Fernando Blanco de Lema, un dos que máis soaban entre os máis importantes pero que fica na 4ª posición. Quinto temos ao corcubionés Plácido Castro Rivas, mentres que o resto de persoeiros teñen votacións case que residuais. Máis abaixo quedaron outros como Enrique Labarta Pose, ao fotógrafo muxián Ramón Camaño, e sobre todo, ao químico Isidro Parga Pondal, grandes figuras da nosa historia.

Estes son os persoeiros, e as descricións dos tres personaxes de cada concello que nos fixeron os colaboradores:

CABANA

Saturniño Cuiñas Lois

Nace una parroquia pontevedresa de Carballedo (Cotobade) o 21 de decembro de 1897. Estudou no instituto de Pontevedra, logo no seminario de Santiago de Compostela e ordenouse ssacerdote en 1922. Foi Capelán en Carballo, mais tarde en Abegondo e a partir de 1931 párroco na parroquia coruñesa de Cesullas (Cabana de Bergantiños)

Destacado musicólogo e folclorista, é relevante pola súa achega ó acervo musical galego. A súa memoria foi quen de arquivar numerosas cantigas e melodías dende a súa infancia nas altas terras de Cotobade, xunto con aqueloutras que recolleu polos lindes da Costa da Morte. Amais de tocar diversos iinstrumentos como a zanfona e a gaita, realizou un inxente labor de recopilación de temas musicais populares. Foi tamén moi significativo o seu traballo como investigador e difusor do cancioneiro popular galego, fundou e dirixiu coros parroquiais e estimulou o gusto da xente polos ritos e festas populares e a súa conservación, entre as que cabe destacala introfucción en Cesullas do denominado berro seco (conxunto de aturuxos recollidos no lugar do Loureiro, Abegondo), que el usou sempre n aromaría de San Fins, famosa entre outras razón poe este ritual, que consiste nun berro ou aturuxo emitido colectivamente polos vecinos, mentres se erguen e se poñen en crequenas repetidas veces.

A Real Academia de Belas Artes Nuestra Sra. Del Rosario concedeulle a Medalla de Ouro Marcial del Adalid ó Mérito Folklórico e o coro Cántigas da Terra nomeouno socio de onra da súa asociación. Actualmente o seu legado musical está depositado no arquivo da citada agrupación, que conserva aínda una zanfona doada polo clero de Cesullas. Faleceu o 7 de abril de 1978.

María Baña Varela

Aínda que nacida nos casais de Vilariño o 10 de xaneiro de 1906, a poetisa popular María Baña Varela botou raíces no lugar de Neaño. Alí fundou a casa familiar na compaña do seu home Xusto Cousillas Castro. As ocupacións de muller labrega desde nena non lle deixaron ir á escola, de aí que a escrita era para ela tema vedado. Non obstante, a súa cabeciña non paraba en compoñer poemas que gardaba memoria. Chegaría a manifestar a un medio de comunicación da comarca que ela “pensaba en copla”.

Co tempo deu en aprender malamente a escribir para deixar por escrito os poemas que tiña gardados na cabeza. Calquera tipo de folla valíalle para pasar a letra os seus versos. A súa propia vida, á da súa familia e a dos seus veciños, ás veces en ton serio, ás veces con carga humorística son as principais liñas temáticas da súa obra. En 1998, o Concello de Cabana de Bergantiños publicou, postumamente, a obra inédita de María Baña e instituiu o Certame de Poesíe para a Xuventude María Baña. María Baña, xunto con Asunción Antelo e Hermosinda de Tabuído forman a tríada de poetisas populares que non tiveron vergoña de seren mulleres escritoras.

Manuel Lema Otero

O pintor Naiff de Borneiro. Nado o 4.06.1916 e falecido o 06.08.1991.

Manuel Lema Otero é a persoa máis singular da parroquia cabanesa de Borneiro por varios motivos. Por ser home de moitos oficios: labrador, carpinteiro-encofrador, emigrante, pintor, inventor, vendedor de pitos e pensos, escavador no castro A Cidá. Por ser persoa de varios nomes: Manuel do Monte, o Home dos Pitos. E por ser o pintor e inventor máis famoso de todo Cabana de Bergantiños.

Moi pouca xente da redonda sabía que Manuel do Monte pintaba, cando, no ano 1981, gañou o primeiro premio (dotado con 200.000 pesetas) do Concurso de Arte Naif ou Inxenuísta convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Contaba daquela con 65 anos. A este certame pictórico presentáranse 575 obras e Lema Otero, das dez que depositara a concurso, saíu vencedor con "La Batalla del Ebro" e metera outras dúas na final.

Outra das facetas creativas de Manuel do Monte foi a de inventor. Tamén de cativo, cos amigos da aldea, comezou a elaborar todo tipo de aparellos. Un dos primeiros foi o sistema para conseguir metano a partir de esterco con tubos de barro. Andando os anos, saíron do seu maxín o libro das quinielas, xoguetes articulados, moldes para capiteis, termómetros de fornos, sistemas de alarmas contraincendios ou a bomba de auga sen gasto de enerxía. Os inventos de máis sona, e que conseguiron patente, foron a tella plana e a incubadora dos pitos. Este último artiluxio deulle de comer durante moito tempo, dado que se dedicou a comercializar crías de galiñas por todas as aldeas da Costa da Morte, de aí que nalgúns lugares se coñecese co nome de "O Home dos Pitos". Vémolo con dous dos seus fillos.

 

CAMARIÑAS

Ambrosio Feijoo y Pardiñas

Foi o xeneral mais vello de España. Nado en Camariñas o 4 de setemrbo 1861 e morto o 10 xullo de 1961. Entre as súas xestas está a participación na guerra de Cuba e na de Marrocos. Chegou a ser nomeado Cabaleiro da lexión de honra francesa.

En 1880 ingresou na Academia de Infantería de Toledo, de onde saíu co grao de segundo tenente. Desde ese momento, dedicou a súa vida ao exército e participou na Guerra de Cuba e na de Marrocos. En 1918 chegou a xeneral. Ao comezo do Movemento Nacional en 1936, ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitou. Nalgunhas ocasións exerceu o cargo de capitán xeral accidental da VIII Rexión Militar. Logo do seu retiro, viviu na Coruña coa súa esposa e fillos. Aquí pasaría a Guerra Civil e a súa extraordinaria lonxevidade foille convertendo, primeiro, no xeneral máis antigo de Galicia e, posteriormente, de España, sendo obxecto de numerosas homenaxes.

Foi moi afeccionado á filatelia e reuniu unha das coleccións de selos máis importantes de Galicia. Foi presidente da Cruz Vermella coruñesa durante moitos anos.

Miguel Feijoo y Pardiñas

Nado tamen en Camariñas, sobre 1856, irman do anterior, entrou no colexio de cabalaria de Valladolid no 1875, e foi capitan general de Filipinas. Foi ascendido a comandante pola acción do 28 de marzo de 1896 na guerra de cuba, a do ingenio Garrido, sendo entón capitán.

O xeneral Melquejo encontrou as partidas rebeldes de mirabal e Aguirre con 1.400 homes parapetados no inxenio Garrido. Carga contra eles o capitan Feijoo saltando co cabalo o cerco seguido por alguns outros soldados do escuadron de Galicia. Os inimigos roderaonnos e atacaronos pero non puideron rendilos, e aguantaron ata que chegaron o resto das forzas e gañaron os españois. Feijoo foi gravemente ferido con tres machetazos, resistindo o berro de “hay que luchar hasta morir”

Antonio Rodríguez Canosa

Nacido en Camariñas no século XVIII, ao parecer fillo dunha monxa que ao quedar embarazada dun hidalgo veu vivir a unha casa de Buria procedente de Moraime. Probou no exilio de novo e marchou a Brasil, pero non lle foi ben e tivo que voltar á casa, a Rego da Horta, lugar de O Cotro, parroquia de Buría.

Volveu probar e marchou a México e gañou unha fortuna como transportista de carruaxes entre Veracruz e Acapulco. Voltou cando rondaba os 60 e o que fixo foi doar toda a súa fortuna para a construción a finais do século XVIII da actual igrexa parroquial de San xurxo de Camariñas. Faleceu no 1793.

Man, o alemán de Camelle

Deste persoanxe sobran explicacións. A súa fama traspasa fronteiras e malia que o seu legado non foi coidado ata o de agora co debido respeto, semella que a Costa da Morte comeza a darlle a verdadeira importancia que merece.

Manfred Gnädinger coñecido como Man (Dresde, 1940 - Camelle, 28 de decembro de 2002) foi un escultor e ermitaño de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle, onde creou unha peculiar paisaxe de pedra. Levaba unha vida simple vivindo da súa horta. Como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.

Se ben non naceu no termo municipal de Camariñas, Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

Outros camariñáns ilustres

Quedaron alá centos de nomes. Aí estiveron a piques de estar nesta selección o ourive Blas Espín, de orixe napolitana, que traballou na Ponte do Porto no derradeiro terzo do séc. XVIII e no primeiro do XIX; Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista e presentador; ou Manuel Ferrol, fotografo que naceu no Faro do Cabo Vilán.

Chegáronnos xentes coma o escritor de Camelle, José Baña Heim; e escritor da Ponte do Porto, Xan Fernández. Tamén apareceron mulleres, como foi o caso de Herminia Rodríguez de Borrel a primeira muller con carnet de conducir en España, casada cun fillo de Calouste Gubelkian, rei do petroleo. Era filla de camariñáns, pero naceu en Cuba.

CARNOTA

Os homes e as mullers do "Ariete"

Todos os habitantes do concello de Carnota que temos certa idade recordamos o naufraxio do “Ariete”, mesmo os que eramos moi pequenos naquel momento. O 25 de febreiro de 1966, diante da costa de Lira, a fragata “Ariete” da Armada española queda ao garete, cun temporal do SSW con ventos de 100 km/h. Tras fracasar un intento de remolque, intenta fondear, pero queda sen ancla e o vento o leva aos baixos de Ardileiro. Os homes intentan salir nas balsas de salvamento, pero é imposible. Entón todo o pobo de Lira, homes e mulleres, e tamén doutros lugares dos arredores, van cara á plaia, ao rescate. Montan un andarivel, e despois de moitos esforzos desde as 11 da noite ata as 6:30 da mañán, todos os tripulantes (166) foron rescatados, sin máis mal que golpes e frío. Houbo 67 homes recompensados coa Cruz do Mérito Naval. Todos homes, posto que segundo consta na concesión, as mulleres, que axudaron tanto ou máis e arriscáronse o mesmo, expresaron o seu desexo de quedar no anonimato. O escudo do concello e Carnota leva dede entón a lenda “Muy humanitario”. En abril do 2006, varios dos supervivintes retornaron a Lira para celebrar o 40 aniversario daquel suceso.

Teófilo Caamaño

O que sabemos deste home nacido en Carnota en 1912 e morto en 1997 débese ao coñecemento que trabou con él o cantante berciano Amancio Prada. Teófilo Caamaño sempre anou no mar. No ano 1936, estando nun mercante en Melilla, foi sorprendido polo golpe de Franco. Pola súa ideoloxía de esquerdas, foi obligado a enrolas poa forza na Lexión, que aproveito para volver á Península e unirse á República.

Despois da guerra, consegue escapar a Francia, e estando nun dos campos para refuxiados españois, o sorprende a II Guerra Mundial. Únese á resistencia antinazi e é retido no campo de concentración de Mauthausen, de onde escapa para unirse de novo á resistencia. Finalmente, entra en París coa aliados.

Volve a España clandestinamente, traballando aquí e alá, e en Segovia coñece a Amancio Prada, que recolle moitas das cancións de Carnota que Teófilo lle canta no seu disco De mar e terra (1999).

Teófilo pasa os seus últimos anos de vida nunha residencia de anciáns en Segovia. Tras a súa morte, a familia que lle quedaba en Carnota traslada o seu corpo ao cemiterio da súa terra natal. En 2002 foille ofrecida unha homenaxe polo Concello.

O Catelo

Traemos este persoeiro tratando de introducir algún elemento na loita contra o réxime franquista. Naqueles anos 30, logo da Guerra Civil, moitos paisanos de todo o país tiveron que agocharse das autoridades por motivos ideolóxicos, por pertencer a sindicatos laborais,ou polo mero feito de falaren en galego. A Costa tamén sufriu esta terrible represión.

Foron moitos os que marcharon cara o monte, e o que mellor os acolleu foi o Monte Pindo. Unha chea de historias percorren as oquedades deste monte, que recolle dun xeito espectacular o libro "Los Montes del Pindo, Olimpo Celta y desierto de piedra", de José Barreiro Barral, editado pola Deputación da Coruña en 1987.

Aló topamos coa historia do "AS", un barco conserveiro de Muros do armador Antonio Sel, que foi o protagonista desta historia, ademais do Catelo e dunha ducia de homes fuxidos, no 1936. Disque O Catelo era o líder dos foucellas que marcharon ao monte escapándose da Garda Civil e das milicias da Falange. Moitos deles non eran aprendidos, e foi aló no cumio do monte, en reunións nocturnas, nas que personaxes como O Catelo instruían aos máis inocentes na loita política antifranquista.

O día a día era terrible. Os foucellas baixaban ás súa casas, pero podían ser soprendidos en calquera momento. Un salvador con nome de rapaz ocupábase de avisar cando viñan as milicias cun "Omesomonte!! Omesomonte!!!!" que salvou máis dunha vida. As familias agochaban a comida en lugares determinados, pero cada día era máis complicado. Había que actuar.

Un bo día, os foucellas viron un barco aló na Lobeira Grande. Unha ducia de homes do Pindo e do Ézaro baixaron á mar, e nunha gamela xeiteira, achegáronse ata as dúas embarcacións que faneaban na Lobeira, A punta de pistola tomaron o "AS", obrigaron aos tripulantes a subir ao outro barco e marcharon a Corcubión a repostar para preparar a escapada definitiva. Aló marcharon cara Inglaterra.

Entraron en porto inglés entonando "La Internacional", que tampouco procedía naqueles tempos. Coidáronos e aseáronos, e os repatriaron á España republicana a través de Francia. Uns morreron na batalla, outros remataron en Chile ou México. Do Catelo, non se sabe o paradeiro.

A día de hoxe, a historia segue viva. Viva está a súa viuva, a Palmira, que rexenta xunto ao fillo de ambos, o Augusto, unha pequena taberna no lugar de Quilmas, unha taberna pola que non pasou o tempo, que quedou anclada na historia e que merece a pena visitar.

 

CEE

Francisco Caamaño Domínguez

Naceu o 8 de xaneiro de 1963 en Cee (A Coruña). Desde abril de 2008 e ata o seu nomeamento como Ministro ocupaba o cargo de secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.

  • Licenciado e doctor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante e profesor titular de Dereito Constitucional en dita Universidade. En 1993 foi designado letrado do Tribunal Constitucional e en outubro de 2002 obtivo a praza de catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia.
  • En abril de 2004 foi designado secretario de Estado de Relacións coas Cortes.
  • Como profesor universitario, exerceu a docencia ordinaria de Dereito Constitucional e Dereito comunitario e autonómico. Ademáis, ten impartido numerosas conferencias, seminarios e cursos de doctorado e de postgrao, así como mestrías de especialización, tanto en Universidades como en outros centros públicos e privados sobre temas relativos a su especialidad.
  • Ten dirixido e participado en diversos programas de investigación, tanto nacionais como comunitarios, así como en programas de cooperación xurídica, principalmente con países centroamericanos. Producto desta actividade foi a súa especialización en temas de dereito parlamentario e xurisdición constitucional.

Fernando Blanco de Lema e Suárez Prieto (1796-1875)

Fernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de Outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, de profesión sangrador (ciruxán), polo que a súa educación correu a cargo do seu tío e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ao que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas.

No 1809 os franceses (Guerra da Independencia) matan ó seu padriño e arrasan a vila de Cee. A súa nai, viuva e con cinco fillos, decide envialos tres fillos varóns a Ferrol, e, dende alí, con só trece anos, Fernando Blanco de Lema emprende viaxe para Cuba.

O seu primeiro traballo na illa caribeña foi de dependente nunha tenda de ultramariños. Con trinta e tres anos decide adicarse ó negocio da ferretería, creando varias tendas na illa, e sendo este negocio a base da súa fortuna. Ademáis de ser posuidor de intereses e accións en bancos e en compañías de ferro, mantiña estreitas relacións comerciais cun curmán emigrado a Nova Iorque, o rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirixidas ao seu curmán podemos descubrir un perfil humano que nos avanza o filántropo que máis tarde se revelaría: home afectuoso, preocupado polos seus parentes máis desfavorecidos, confirmándonos a fortaleza dos lazos que sempre mantivo coa súa localidade natal.

Pouco antes de morrer, o 2 de Abril de 1875, redactou o testamento. Nel ratifica as súas fortes conviccións relixiosas, asegura estar solteiro e sen fillos, e declara estar aloxado na casa de Regla da Silva, viuva que o cuidaría con esmero durante a enfermedade que poucos días despóis acabaría coa súa vida. No testamento expón a vontade de asignar certas cantidades á dúas sobriñas de Regla da Silva, a dous afillados e a dúas curmáns que tiña en España sen fortuna. Tamén se viron favorecidas no testamento a Real Casa de Beneficencia e Maternidade da Habana e a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia.

Finalmente, o groso da súa fortuna (750.000 pesos de ouro) decide empregalos na construcción e mantemento dun Colexio de Primeira e Segunda Ensinanza na súa vila natal (Cee). Para levar a cabo esta misión nomea coma testamenteiros a Juan Álvarez Baldonedo e a Brígido Zavala, e coma apoderado en España é nomeado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos eles levaron a cabo, no medio dunha agre disputa xornalística e legal, o magno proxecto que determinaría o nacemento da Fundación. Fernando Blanco morreu en Cuba pouco despois de asinar este documento (5 de Abril de 1875), repousando as súas cinzas na capela do Colexio que mandara fundar.

O seu legado, de ampla repercusión na vida educativa, social e cultural de Cee e concellos da comarca é ben coñecida. Hoxe, o museo que leva o seu nome amósanos unha parte do que foi, sen dúbida un proxecto pioneiro no campo educativo na Galicia de finais do século XIX.

Domingo Antonio de Andrade (1639-1712)

Considerado como a principal figura no paso do clasicismo ó barroco en Galicia, a súa obra, durante os 40 años que estivo en activo, foi ampla e polifacética, pois abarcou a arte da talla e montaxe de retablos ademáis da arquitectura propiamente dita, e, dentro desta, traballou nos ámbitos religioxos, civís e militares.

As súas obras talladas en madeira, baldaquinos e retablos, foron como indagacións previas que logo influíron na súa propia arquitectura tanto na orde decorativa como na estructural.

CORCUBIÓN

Plácido Castro Rivas

Home liberal e filántropo, fisterran de nacimiento e fillo adoptivo de Corcubión. Vivíu na vila de San Marcos a finais do século XIX abandonando a cidade no 1.917.

Numerosos cargos ostentou, como os empresario de empresario de minas e armador de buques, vicecónsul de Suecia e Noruega en Corcubión, ou deputado liberal por A Coruña.A mestura da rama empresaria coa política permitiulle participar activamente na modernización industrial do concello causante de que o pequeno concello sexa tan significativo na comarca.

Foi o fundador da Compañía General de Carbones, o que facilita a chegada de organismos oficiciais. Fixo que o porto corcubionés cobra moita importancia comercial, estratéxica e naval, sendo un punto de parada para moitos barcos a vapor a finais do XIX.

Foi todo un filántropo que dedicou unha grande parte da súa fortuna á realización de obras benéficas. Como a que o levou a donar o Castelo do Principe de Ameixenda á Asociación de Periodistas de Madrid en 1.928, para que fora un asino para nenos orfos. Ademais, os seus fillos, o propio Plácido Castro del Río e Hermitas, doaron o Castelo de San Carlos para ser convertido en Museo local.

Simón Tomé Santos

O inventor do coche de cabalos de aluguer naceu en Corcubión. Foi Felipe IV quen lle concedeu este privlexio aló polo 1639, que propiciou que ata o día de hoxe os carros de cabalos sexan chamados coa palabra Simón. Formou tamén o clan dos "célebres simóns", moi venerados na vila corcubionesa, na que conta cunha avenida ao seu nome. Curiosamente foi chamado en ocasións erroneamente Simón González.

Canso da grande urbe, deixou as cocheras e 6 mazás de vivendas en Lavapies da súa propiedade, para voltar a Corcubión. Foi aí cando desenvolveu a súa célebre labor filantrópica, propiciando que a vila contase ao longo de case que 2 siglos dúas escolas, unha para nenos e outra para nenas. A todo iso, todos estes bens da súa familia na capital do estado, foron requisados nos 60 polas adminstracións públicas madrileñas, máis como unha "expoliación" que como unha expropiación.

Plácido Ramón Castro del Río

Falamos dunha das figuras máis importantes do galeguismo. Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 25-01-1.902 - Vilagarcía, 17-07-1.967), fillo de Plácido Castro Rivas e de Eufrasia del Río Recaman, naceu nun ambiente acomodado, ao tempo que culto, aberto e sensible, feito que lle permitíu empregar moito tempo no piano e na pintura.

A familia enviouno a estudiar a Glasgow aos 6 anos, e rematou os seus estudios de filoloxía inglesa na universidade da mesma cidade. Servíu esta experiencia estranxeira para abrirlle a mente e para que fóra un dos primeiros tradutores ao galego. Por se fora pouco, na súa estancia en London entre o 1.948 e 1.956 realizou diversas grabacións radiofónicas en galego.

Regresou a Galicia pouco antes da proclamación da República coa intención de participar na activa vida política. Comeza unha intensa campaña de concienciación social en prol do galeguismo ata que consegue un dos maiores méritos que se lle atribúen: conseguir que Galicia fose "proclamada moralmente como unha nación". Iso foi no IX Congreso das Nacionalidades Europeas do 1.933, cando acodíu en representación do Partido Galeguista, do que foi socio fundador. Este feito fai que a día de hoxe o traiamos a esta selección e que forme por sempre parte da historia moderna de Galicia.

A súa presencia na vila de Corcubión é relativa. Se ben o Fillo Predilecto de Corcubión ten ao seu nome a Casa da Cultura, aínda faltan eventos que recorden a súa participación nun concello onde o galeguismo tivo un feudo histórico. A nivel galego, a creación da Fundación Plácido Castro, dá constancia da súa importancia.

Máis información

Outros persoeiros corcubioneses

Non puideron estar todos nesta selección dos persoeirons máis relevantes da historia de Corcubión. Alejandro Lamas fálanos de nomes como o Deputado Pepe MIñóns, que loitou a principios do século pasado polo proxecto do Ferrocarril das 3C, que aínda precisa a bisbarra. Tamén atopamos a Riestra, coñecido por, a través da Fundación, facer o Asilo de Ancianos Desamparados Alonso, que aínda foi nova hai pouco tras unha disputa entre BNG e PSOE.

José Carrera, Rafael Juan, o falanxista De Ramón y Ballesteros... unha batería de historias quedaron no limbo pero instaremos aos nosos colaboradores a que continúen repasando a historia de cadanseu concello.

DUMBRÍA

Artur Trillo

O director da compañía Talía Teatro, naceu no lugar de Miñóns, na parroquia de Buxantes, un 28 de outubro de 1968. Os 9 anos emigrou á vila, á vila de Cee, e na actualidade vive en Santiago de Compostela, coidando da compañía teatral máis lonxeva e relevante da bisbarra.

A base de estar aquí e acolá xa se ten convertido nun dos persoeiros máis influintes no mundo da cultura da Costa da Morte e de todo o país. A súa experiencia é enorme. Actor, autor, director de obras, de grupos e da Mostra de Teatro de Cee, monitor de teatro, monitor de cursos de formación... unha persoa máis que polivalente.

Como actor ten participado en case que 20 obras repartidas entre o propio Talía Teatro, a Aula de Teatro da Universidade de Santiago, a Arte Livre do Brasil e o Centro Dramático Galego. Ten asumido a responsabilidade com odirector en 10 obras, comprendidas entre Talía, Berrobambán e Traslús Teatro. E como autor ten realizado a obra que Talía Teatro segue levando por Galicia adiante, Menos Lobos.

Ramón Romero Carril

Sacerdote e párroco das parroquias de Berdeogas e Dumbría, todo un estamento no concello dumbríes. A súa participación na vida do concello é total. Colabora coas asociacións e loita arreo polos dereitos dos veciños.

É natural de Xaviña, onde aínda vive na actualidade. Estudiou para crego no Seminario de Santiago. Fai uns trinta anos chegou á Costa da Morte coma parroco de Berdoias e Berdeogas e máis tarde foi nomeado tamén párroco de Dumbría, parroquias nas que aínda traballa na actualidade.

É unha persoa moi cercana, sencilla e comprometido ao tempo que desinteresada no seu traballo pastoral. Ten unha postura decidida de apoio aos maís desfavorecidos e unha opción por unir fe e galeguidade.

Tivo unha actuación moi destacada na loita pola defensa dos dereitos dos caseiros da parroquia de Berdoias. Tamén nas reivindicacións que o Concello de Dumbría fixo para conquerir que a ESO fose impartida no Concello destacou a súa postura de impulso, apoio decidido e incondicional a loita dos veciños.

Traballou tamén coma profesor de Relixión no Instituto de Vimianzo, traballo que deixou para poder adicar máis tempo ao traballo pastoral.

Vémolo na foto de La Voz de Galicia, o que está en primeiro plano cos libros na man.

Modesto García Quintáns

Enxeñeiro técnico en topografía do Instituto Geográfico Nacional, que vén de recibir a Cruz Oficial de la Orden de Isabel La Católica, trala proposta da ex ministra de Fomento.

É un estudioso acérrimo de todo o que ocorre no concello de Dumbría. Entre os seus achádegos atópanse os petroglifos atopados na Pedra Ancha (Dumbría) en 1991.

Ten participado na vida política dumbriesa, formando parte da Asociación Independente por Dumbría. Ademais, a súa actividade divulgadora é enorme e non para de publicar artigos en xornais de relevancia como La Voz de Galicia.

Outro persoeiro

Foron poucos os persoeiros entre os que puido evaluar a nosa colaboradora. Un deles é José Trillo, veciño xa finado do lugar de San Crimenzo.

FISTERRA

Alejandro Campos Ramírez, “Alejandro Finisterre”

Alejandro Campos naceu no ano 1919 en Fisterra, fillo do radiotelegrafista do faro, ainda que aos cinco anos trasladouse co seu pai á Coruña. A súa xuventude pasouna en Madrid onde, preto do poeta León Felipe, fixo as súas primeiras aproximacións ao mundo editorial.

No ano 36 estalou a Guerra Civil e, durante un bombardeo, quedou sepultado e ferido dunha perna. No hospital de Monserrat puido observar unha morea de nenos feridos que non podían xogar ao fútbol. Foi aí cando xurdíu na súa mente o invento que o faría famoso no mundo enteiro: o futbolín. Ao rematar a guerra tivo que tomar o camiño do exilio, coa mala sorte de perde-la patente do futbolín durante a longa viaxe. Unha vez en París, xuntou diñeiro para viaxar a Quito, onde editou varias publicacións. Logo desprazouse a Guatemala, onde comezou a fabricar o futbolín, co que conseguíu unha gran fortuna.

Cando o xeneral Castillo Armas dou un golpe de Estado neste país, foi secuestrado coa intención de ser entregado ao goberno franquista. Ademais, as autoridades guatemaltecas espropiaron todas as súas propiedades, polo que quedou literalmente sen un teito no que acubillarse. Durante o vo no que se dirixía a Madrid ameazou aos pilotos dicindo que tiña unha bomba e obrigando ó avión a aterrizar en Panamá. El gabábase de ter sido o primeiro secuestrador aéreo.

Logo deste incidente logrou chegar a México, onde se reuníu coa intelectualidade española no exilio, entre a cal se atopaba o seu gran amigo León Felipe. Alí foi onde se adicou con máis esmero á labor editorial, fundando a editorial Finisterre e imprimindo revistas e libros que a inteletualidade exiliada escribía de cotío. Foi, por iso, un dos máis importantes editores españois do exilio, traballo ao que se entregou con paixón. Mentres tanto, en España o futbolín conseguía unha enorme difusión e fama, gracias en parte ó interese dos emprendedores valencianos, que se propuxeron asignarse o mérito do invento.

Xa na Transición volveu a España, establecendo a súa residencia en Aranda del Duero, onde se adicou con máis forza que nunca á súa labor de creador literario, mentres era nomeado membro da Real Academia Galega. Á morte do seu amigo León Felipe tivo que trasladarse a Zamora para exercer as súas responsabilidades coma albacea do poeta leonés. Despois de protagonizar sonados desaires co Concello de Zamora pola xestión da Fundación León Felipe, Alejandro Campor Ramírez morreu o 9 de febreiro do 2007. As súas cinsas foron divididas e esparcidas, unha metade no curso do Douro ó seu paso pola cidade de Zamora, e a outra metade no Atlántico, aos pés do Faro de Fisterra, que o vira nacer 88 anos antes.

Este impresionante documento audiovisual foi rescatado da páxina do poeta fisterrán Modesto Fraga.

Cipriano Fernández

O señor Cipriano Fernández foi alcalde de Fisterra durante a época republicana pero tivo a mala sorte de morrer fusilado no verán do 36. Disque apareceu nunha cuneta de Ordes, coma tantas outras víctimas da represión franquista.

Era partidario de construir o peirao fisterrán en torno á baía da Ribeira, porto natural da vila durante toda a súa Historia. Semella que isto chocou cos intereses dalgunhas persoas que de inmediato o declararon un político "nom grato" e paralizaron a construcción do porto até ben entrada a dictadura. Ao final non se cumpriron os seus desexos e a dársena de abrigo construiuse no lugar onde fica hoxe.

Baixo a advocación da súa figura levouse a cabo, quizais por primeira vez na Historia, a unidade e actuación en conxunto de toda a intelectualidade fisterrana que, unida baixo a bandeira da Comisión para a Homenaxe a Cipriano Fernández, conseguiron que se comezara a aplicar a Lei de Memoria Histórica en Fisterra cun acto de homenaxe a este insigne fisterrán. Para iso organizáronse no 2007 unhas xornadas nas que participaron persoas da alta inteletualidade galega como Marcos Valcárcel, Xosé Luís Axeitos, Miro Villar ou Xesús Alonso Montero. Estas xornadas, organizadas na súa meirande parte polos líderes da comisión de homenaxe: Luís Lamela, Modesto Fraga e Xosé María Velay, contaron coa aprobación unánime da corporación municipal, en representación da cal acudiron o alcalde D. José Manuel Traba e outros membros destacados do Concello.

Celia Rivas

Entre os fisterráns ilustres debemos contar tamén algunha muller. É o caso da señora Celia Rivas Casais, matriarca da familia coñecida hoxe como "As Lavancas". Ela foi a primeira camioneira do Estado español. Herdou este oficio de seu pai, e conseguíu o carné xusto antes de comezar a Guerra Civil. O dispositivo de goberno franquista nas zonas ocupadas encargouse de expropiar tódolos camións para a guerra, pero Celia, nun acto de valor, conseguíu mante-lo seu vehículo a cambio de facer favores loxísticos ó exército franquista. Disque foi dese xeito como conseguíu o diñeiro suficiente para fundar logo a empresa que leva coma nome o seu apelido. Tiña fama de ser a mellor compradora da lonxa fisterrana, dotada dun sensible instinto para os negocios, o que fixo dela unha muller emprendedora ao longo da súa vida. Unha vida entregada en corpo e alma tivo que supoñer un desgaste que fixo que a súa vida fose ben corta: só 61 anos.

Todos estes datos podémolos atopar hoxe en día no fermoso libro-homenaxe publicado recentemente onde se profundiza na importancia da súa figura.

Outros persoeiros fisterráns

Nomes como os de Francisco Esmorís Recamán, Don Juan Bueno Bueno, Desiderio Paz Figueroa, Vasco Pérez Mariño, Mateo Pérez Valdivieso foron incluidos na enquisa que realizo Xoán S. Pazos na súabitácora.

Outros como Cura de Minons, Luciano Moreira Carracedo, Alexandre Campos ou Decimo Junio Bruto tamén foron prantexados polo internautas. De feito as interesantes aportacións de alcumes como Dalit ou Xan de Siso fan dos comentarios outra boa fonte de información.

LAXE

Isidro Parga Pondal

Profesor e xeólogo nado en Laxe (A Coruña, 17-12-1900). Acaba de ser homenaxeado no Día do Científico Galego. Ensino primario e bacharelato en Santiago de Compostela, onde espertou a súa vocación pola química, unha materia que estudaba, xunto coa de física, con Vicente García rodeja. Este interese fixo que ou seu avó, Isidro Pondal Abende, construíse ou xardín dá súa casa un pequeno laboratorio químico para que realizase nel vos seus primeiros experimentos.

En 1918 transladouse a Madrid co obxetivo de estudar Ciencias Químicas, carreira na que se licenciou 1922. En 1923, cando xa comezara a preparalas materias do doutouramento, obtivo, por oposición, unha praza de auxiliar quémica Inorgánica e Analítica na recentemente creada Sección de Química da Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, onde o vemos na foto á esquerda. Non mesmo ano naceu en Santiago, ou Seminario de Estudos Galegos, unha institución que tería unha gran repercusión na súa vidaposterior.

Máis información

Antón Zapata García

(Laxe, A Coruña, 26- 12- 86; Bos Aires, 21- 6- 1953). Poeta, emigrou en plena mocidade a Bos Aires, onde residiu ata o seu falecemento. Escribiu poesías e artigos de temática galega nos principios nos principais xornais da capital arxentina. Foi membro da sociedade protectora do seminario de estudos galegos de Compostela e publicou "Eduardo Pondal. Alma, sentimento e libertá dá terra galega (Bos Aires, s.a.)", conferencia que pronunciou en 1930, no Orfeón Español. O mesmo ano da súa morte publicouse unha sección das súas poesías co título de "A roseira dá soidade" (A Coruña, 1957), con prólogo de Otero Pedrayo. Segundo Carballo Calero (Historia dá literatura galega contemporánea, Vigo, 1975) "con resoancias pondalianas, ou verso de zapata, nos mellores momentos, manifestase dentro dá tendencia moderada modernista".

Juan Antonio Posse

Juan Antonio Posse Varela naceu na parroquia de Soesto (Laxe) o 26 de decembro de 1766, e finou en San Andrés de Rabanedo (León), onde era párroco, en 1854. Falamos dun crego, ilustrado, liberal (cando todos os curas eran absolutistas), constitucionalista español e pre-nacionalista galego (tendo en conta esa carta á Coruña de 1820). Distinguiuse pola súa ilustración, as súas ideas exaltadas e a enerxía do seu carácter, o que lle carrexou unha dura persecución entre os anos 1814 e 1823. É autor dunha obra manuscrita que leva por titulo Historia Bibliográfica ou Historia da Vida e feitos de Don Juan Antonio Posse, escrita polo mesmo hasta o ano 1834.

Representante curiosísimo daquel clero liberal, doceañista", ten particular importancia para coñecer a psicoloxía dunha xeración que influíu notoriamente na nosa historia e as interioridades de moitos acontecementos que só por de fóra, e con gran inseguridade, foron ata agora resaltados". Faleceu en 1854, na vila de San Andrés de Rabanedo, en León, onde era párroco.

MALPICA

Anselmo Villar Amigo

Naceu en Malpica (A Coruña) en 1850 e chega a Buenos Aires en 1862. Un dos meirandes logros, ademais de ser un benefactor e filántropo recoñecido, doando terreos para a escola de Malpica ou para a rampla do porto, foi ser Deputado nas Cortes polo Distrito de Corcubión.

Desde esta posición de privilexio sempre mantivo recordo da súa necesitada vila natal e parte da fortuna acadada en Bos Aires foi destinada para a contrución dunhas infraestruturas imprescindibles como a rampla do antigo porto, o murallón, a praza de abastos (que co paso do tempo se reconverteu en escola e hoxe en día é a Casa do Concello) ou a Fonte de Abaixo (ou Fonte de Anselmo Villar).

Esta fonte foi a primeira traída de auga pública a Malpica de Bergantiños. É un edificio singular no que se construíron uns asentos que convidaban ós buscadores de auga á tertulia e ó xogo. Na data da súa contrución colocouse tamén un reloxo que marcaba o devir do tempo na vila mariñeira de Malpica. En 1957 este reloxo, que estaba inoperativo pola ferruxe, foi substituído, por un busto do benfeitor.

Tratouse dun pioneiro da migración. Seu tio introdúceo no pequeño comercio. Bo para os negocio dedícase as actividades mercantís ata que se retira, o que lle permitiu lograr fortuna e desplegar a súa disponibilidad económica para lograr recoñecementos. En 1895 nómbrano presidente da cámara Oficial da Bolsa de Comercio de Buenos Aires. Dende os principios da súa fundación estivo vinculado ó Banco Español e do Río da Plata, formou parte do diretorio do Banco e foi un dos principales accionistas dunha das entidades señeras do progreso económico deses anos. Presidiu a Sociedade Española de Socorros Mutuos de BUenos Aires, a de Beneficiencia Española, e do Hospital Español.

Foi un dos inmigrantes exitosos na industria non liviana especializadas na fundición e laminado do ferro. Fundou asimesmo “A Primitiva”, un establecemento especializado na fabricación de bolsas para o almacenaxe do cereal.

Tempo despois incorporouse á vida política porteña sen necesidade de naturalizarse e facerse cidadán arxentino, participando das mobilizacións, contiendas contrarrevolucionarias e loitas electorais o lado de Bartolomé Miltre. Formou parte das forzas auxiliares da revolución mitrista e se mantivo cercano o elenco de élites políticas arxentinas que lle facilitou ese servicio a Mitre, aínda sendo máis liberal que republicano. Máis tarde engrosaría as filas dos levantamentos políticos de 1880, 1890 e 1893.

Foi no ámbito municipal no que desenvolveu funcións públicas en Buenos Aires. Chegou a ser concelleiro, máximo posto ó que podía chegar un galego non naturalizado. Foi en 1901 no goberno de Julio Roca, cando se establece a Cámara Municipal composta polos veciños elexidos polo Poder Executivo e ratificados polo Senado. Signo de que axudou directamente os inmigrantes e os seus negocios a conseguir mellores dereitos e integración na Arxentina.

A mellor mostra duns resultados eficaces nas redes que Villar recompuso con su nación de orixe desde su situación de notable inmigrante na Arxentina foi a súa designación como candidato a diputado, primeiro, e seu nombramento para tal cargo, despois. Foi nomeado diputado polo distrito de Corcubión (A Coruña) polo Partido Liberal en xaneiro de 1907, e foi nomeado novamente diputado, esta vez polo distrito de Muros (A Coruña).

A foto que expoñemos ten historia. É de Xurxo Alfeirán, quen a fixo na súa propia casa. Trátase dun cadro que herdou a súa familia de D. Anselmo. O cadro está feito a carbonciño. Polo tanto trátase dunha foto única, que saiu no libro publicado por Alfeirán da Guía de Malpica de Xelucho Abella, todo queda na casa.

As pandereteiras de Mens

Durante moitas das décadas nas que a música tradicional estaba desprestixiada, as pandeireteiras de Mens foron as grandes referentes tanto dentro como fóra do país. Da man do gran bailador de Aturuxo e Cántigas da Terra, Manuel Cajaraville, radicado na Coruña levaron a música tradicional a Bos Aires ou Barcelona entre outras cidades importantes.

O músico, Xurxo Souto, no seu libro Contos da Coruña fala desa magnífica relación entre Cajaraville e as Pandeireteiras, que mesmo desembocou nunha xira internacional co grupo folk Milladoiro:

“Cajaraville viaxou moi lonxe. Mais tardou ben tempo en atopar o seu maior tesouro. Iso que tiña a chave diante da casa: na tasca onde xogaba a partida, Bar O Monte. Os donos sempre lle dicían «ten que vir á nosa terra, que cantan moi ben». El andaba con outros proxecto na cabeza e non facía moito caso. Ata que un día tivo que acompañalos a un funeral. Escoitou a unhas señoras maiores e quedou abraiado. Eran as Pandeireteiras de Mens. Incorporounas inmediatamente ás actuacións de Aturuxo cun éxito impresionante. Axiña todas as agrupacións de baile enxebre comezaron a imitalos [...] Tanto foi o éxito das Pandeireteiras de Mens que, ademais de recorrer medio mundo con Aturuxo, participaron, sempre seguindo o consello do seu mentor Manuel Cajaraville, nunha xira con Milladoiro. [...] Lembro ben un concerto dese tempo no Pazo dos Deportes de Riazor. Velaí o texto dalgunhas cantareas que botaron as pandeireteiras, entre elas unha copla, ben coñecida, dedicada a esta cidade:

¡De onde son esas mociñas
que arrecenden a ourego?
Do lugariño de Mens
e xunto a casa do crego.

As rapazas da Coruña
non é unha que son todas
poñen tres pares de medias
para face-las pernas gordas.

Esta casa si que é casa
estas si que son paredes
eiquí está o ouro e a prata
i está a frol das mulleres.”

Para Xosé V. Ferreirós, compoñente do grupo Milladoiro o descubrimento do mundo das pandeireteiras tradicionais supuxo un ideario creativo á hora de contruír o seu disco Galicia no país das marabillas: “Para nós o tema das pandeireteiras tiña unha forza especial e, como outros traballos de Milladoiro, meditámolo moito e decidimos relanzalo nun momento no que cantaban, por exemplo, as pandeireteiras de Buxán no Concello de Rois ou as pandeireteiras de Mens. Ninguén se fixaba nelas e mesmo parte do público avergoñábase diso. Foi entón cando ao grabar “Galicia no país das marabillas” pensamos nunha incursión nese campo. Coas Pandeireteiras de Mens fixemos os concertos do décimo aniversario do grupo e resultou moi atraínte…tanto que anos despois moitos outros músicos galegos retomaron a nosa incursión e, mesmo xa hai discos de pandeireteiras como é o caso das Leilía.”

O principal trazo característico das Pandeireteiras de Mens era tocar a pandeireta co puño cerrado. A súa vestimenta era a roupa de traballo con mandil, chambra e pañoleta á cabeza.

Se hoxe a muller pandeireteira galega ocupa un espazo de importancia no panorama musical galego é froito da presenza e simboloxía das pandeireteiras de Mens. Polo tanto, non se pode entender a importancia das pandereteiras santiaguesas Leilía, das arteixás Xiradela ou as malpicás Raigañas sen o vital referente das pandeireteiras de Mens.

Pedro Benito Cambón

Nacido no 1738, será lembrado para a historia como o fundador da Misión de San Francisco de Asis de Los Dolores, que a día de hoxe é unhas das cidades máis grandes e importantes do mundo: San Francisco, California. Foi unha aldea ata que os amerincanos ocuparon Californa botando aos mexicanos cara o sur. Corrían nestes tempo a década dos 40.

O Padre Francisco Palou, mallorquín, foi o outro frade franciscano que constituiron a primeira igrexa (á dereita), poñendo así a semente dunha das grandes capitais do mundo occidental actual, dando unha nova mostra da relación entre cristianismo e capitalismo.

MAZARICOS

Silvestre Gómez Xurxo

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía, ademais de narrador. Director da Escola de Formación Social de Vigo. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi “Conversas do Pai Seixas” (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: “Déixao medrar” (Xerais 2000), novela; “Ith” (Xerais 2001), novela e “Todo vai ir ben” (Xerais 2005).

Manuel González González

Nace 25 de Outubro de 1951 na localidade de Beba, Mazaricos. Realiza estudos de Filoloxía Románica na Univerrsidade de Santiago, na que se licencia con “A fala do Incio” e se doutora coa tese “O xugo e o carro: contribución ó estuda das denominacións dos apeiros de labranza en Galicia”, cualificada coa máxima nota. Dende a etapa de estudante, é membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), e no mesmo ano da súa licenciatura (1974), incorpórase o departamento de FiloloxíaRománica da Univ compostelá, primeiro como bolseiro e posteriormente como profesor axudante. Realiza diversos cursos de especialización en universidades españolas e estranxeiras. Obtén, por oposición, a praza como profesor agregado do bacharelato e seguidamente a de catedrático, pero pide a excedencia para dedicarse ás tarefas universitarias. En 1982 acada o seu posto d profesor adxunto de Filoloxía Románica en Madrid, traballo que desempeña na actualidade en Santiago de Compostela.

Ademáis do seu labor docente e investigador no campo da lingüística románica, destaca polas súas investigación o redor dos problemas sociais lingüísticos de Galicia e traballa activamente na recuperación e expansión do alego. É o primeiro profesor de Lingua Galega do Instituto de Idiomas da Univ compostelá, do que tamén exerce como secretario (1991- 96). Os seus eestudos abrangen diversos eidos. Destaca, en dialectoloxía e xeografía lingüística, e a súa cooperación como coautor do Atlas lingüístico galego, baixo a dirección de Constantino García, a súa participación en Atlas Lingüistico de España y Portugal pertenece á comisión de Atlas Linguistique roman. En lexicografía, coordina Diccionario Manual da lingua galega (1991), codirixe Diccionario da Real Academia galega (1997) e c olabora en Diccionario de verbos Galegos Laverca (2002). Con Antón Santamaría e responsable de Diccionario inverso da lingua galega (1990), de Vocabulario Ortográfico da lingua galega (2004) e codirixe a exposición historia da lingua galega e o seu catálogo(1988). Ten numerosas obras pedagóxicas, entre as que destaca a súa intervención na redacción de Galego I, Galego 2 e Galego 3. Forma parte do equipo que redacta as Bases para unificación das normas lingüísticas do galego (1977) e contribúe a realización de normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). É membro do consello científico das revistas Verbo, Estudios de Fonética Experimenal e Journal of Portuguese Linguistics, ademais de Vicerector de cadernos da Lingua.

É académico numerario (1992), secretario da Real Academia Galega (RAG), director de seminarios Lingüisticos e Lexicografía de RG e dirixe o Servicio de Terminoloxía de Galicia (Termigal) e o centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Francisco Suárez Salgado

Crego de finais do XIX e principios do XX que escribiu algunhas miudanzas. Nado en Beba, Mazaricos, A Coruña, 13- 2- 1862; e falecido en Os Ánxeles, Brión, A Coruña, 20- 8- 1910). Sacerdote, xornalista e notable orador sacro, cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse moi pronto ao xornalismo, comezando na Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; colaborou, ademais, no Libredón, A Gaceta de Galicia, O Ciclón e O Pensamento Galaico, de Santiago, La Voz de Galicia, da Coruña, o Século Futuro, O noticiero e o Imparcial, de Madrid. En Compostela fundou, con outros, o seminario político- literario a verdade, en Carril, Pau de Picaños.

En 1885 emigrou a Bos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal e colaborando na prensa da capital arxentina. Ademais destacou como orador: foi o primeiro, especialmente sacro, que utilizo o idioma galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos merece destacarse o titulado "A alma galega encarnada en Rosalía de Castro".

Posteriormente regresaría a Santiago, onde dirixiu a revísta Acción Católica e cursou a carreira de dereito.

 

MUXÍA

Gonzalo López Abente

Gonzalo López Abente nace en Muxía no ano 1878; aos dez anos vaise para Santiago a facer os estudos de bacharelato e cursar a carreira de dereito. Despois de viaxar por varios países europeos establécese na súa vila natal onde traballa nunha oficina bancaria.

López Abente participou nos movementos políticos e culturais do seu tempo, principalmente nas Irmandades da Fala, estando ao frente da que se constituíu en Muxía, á que representou nas Asambleas Nacionalistas. Colaborou en varias revistas e xornais: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel, etc. Ao longo da súa vida publicou unha ducia de obras en distintos xéneros. Como exemplos dalgunhas delas podemos citar: “O deputado por Beiramar”(1919), “De Outono”(1924), “Buserana”(1925), “Nemancos”(1929), etc.

O seu traballo literario de Gonzalo López Abente merece tamén unha mención aparte do mesmo xeito de grande importancia. López Abente estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, xa que o poeta muxián era neto de Leandro Abente, médico desta vila e irmán da nai do bardo bergantiñán. Se Pondal foi o cantor da Terra de Bergantiños, López Abente foino da Terra de Nemancos.

Despois da súa morte, acontecida o 22 de xullo de 1963, publicáronse dous libros de poemas: “Decrúa” (Buenos Aires, 1966) e “Monza de frores bravas para a Nosa Señora da Barca”, libro publicado pola Real Academia Galega no ano 1971 co gallo de adicarlle o día das Letras Galegas.

Xervasio Paz Lestón

Xervasio Paz Lestón, poeta que emigrou de moi mozo a Bos Aires, importante pola súa poesía, pero tamén polo seu papel nas organizacións da emigración, na creación e participación no mantemento do ABC de Corcubión e da Sociedad Cultural del Distrito de Mugía. Mantivo viva a chama da nosa cultura no outro lado. ademais no negocio da súa familia encontrábanse os veciños de aquí.

Naceu no ano 1898, e viviu case que toda a súa vida en Arxentina, excepto uns oito meses que retornou á terra, en 1925. O seu traballo deparou uns cento oitenta e tres poemas en galego e castelán que foron publicados en diversas revistas como Alborada, Boletín, etc. E o que máis chama a atención é a gran cantidade de pseudónimos que utilizaba, talles como Xalleiro, Pau de Ferro, Nerio, Roxo de Porcar, Xulián de Moraime, Gundariño, etc.

Ramón Caamaño

Ramón Caamaño nace no ano 1908 en Muxía; fillo único, o seu pai, ao pouco tempo de nacer el, emigra a Cuba e México onde se dedica á venda de encaixe que a súa esposa envíalle desde Muxía. Grazas aos ingresos que o seu pai manda, a infancia de Ramón desenvólvese sen dificultades. Ao cumprir os oito anos o seu pai envíalle unha máquina de cine con algunha película, que proxectaba aos mozos de Muxía, a quen lles cobraba a entrada en alfinetes que logo vendía ás palilleras.

Ramón Caamaño é un dos fotógrafos máis míticos da historia da fotografía galega. que retratou boa parte da xente da cosa da morte e levou o cine ás vilas. Os seus retratos tamén cumpriron o papel de achegar as familias dun lado e do outro do Océano. Ademais creo que é un personaxe popular que non levantará estridencias. Grazas a este muxián as imaxes das xentes, das paisaxes e dos naufraxios da Costa da Morte estendéronse dentro e fóra da xeografía galega.

Outros persoeiros muxiáns

Aló quedaron sen poder pasar a esta final outra batería de nomes e de historias para dar e tomar. Como ben indica Manuel, o concello de Muxía trouxo grandes figuras ao mundo, como poden o poeta Victorino Abente, o regueifeiro Seixas de Aboi, chamado Celestino Sar, ou o o crego Pedro Lapido, que foi precisamente un un dos cabecillas contra os franceses hai 200 anos.

José Díaz Arosa, alcumado o Cura Sabio de Villastose. Era unha persoa moi culta e a el acudían veciños de toda a Costa da Morte para curarse, atopar cousas perdidas, espantar os corvos, asistir en partos, quitar a tenia, etc. Temos recopiladas algunas historias moi interesantes deste cura.

  • Benito de Agar y Leis. Emigrou a Cartagena de Indias (Colombia) como axudante do virrey Alfonso Pizarro. Chegou a ser alcalde da cidade.
  • Pedro de Agar y Bustillo. Foi un importante político do XIX. Formou parte das Cortes de Cádiz, como representante das Indias. E foi Presidente da Rexencia de España. Un protagonista da Invasión dos Franceses, agora que está de moda. A Calle Agar e o edificio Agar da Coruña levan este nome en honor a esta familia que saíu de Santa Mariña de Muxía.

 

PONTECESO

Cristina Torre Cervigón

Esa mecenas que todo pobo está desexando, pero máis no seu caso, sen afán de inversión de capital para un día ser recuperado. Esas son as palabras de Suso de Basilio sobre a filántropo.

Natural de Madrid pero galega e cormelá de adopción, a viúva do difunto Julio Pujales Rivas, pasaban os veráns na vila pontecesá. Ademais, o bacharelato desenvolveuno no Eusebio da Guarda coruñés, o Instituto Feminino, antes de marchar a Madrid para seguir cos seus estudios de xeoloxía. É filla de galegos, máis concretamente filla de Cipriano Torre Enciso, importante galeguista histórico.

A morte do seu marido, pintor coruñés de renome, deixa a Cristina nunha estraña situación. Procura un lugar onde deixar o legado e a colección que xuntos tiñan de arte contemporáneo. E así volve a Corme. Merca unha casa de pedra, crea a Fundación Torre Pujales, da que é a Presidenta, e cede as súas obras e a casa ao concello para a creación do Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte.

Crea este espacio como motor cultural e lugar de encontro do arte contemporáneo para a bisbarra, e o fai como proxecto de vida dedicada ao arte e coma homenaxe ao seu marido. E o fai dun xeito máis que intelixente.

Cada certo tempo, a través dunha especie de beca que dá a mesma fundación, un artista de calquera parte do mundo achégase ata Corme para desenvolver a súa arte por un mes. O prezo por pasar un mes creando na vila de Corme, unha obra para o museo.

En abril estivo un fotógrafo artista, e en breve chega un ceramista para traballar cos oleiros de Buño. Un xeito maxistral de dinamizar a arte da bisbarra.

Calviño de Tallo

Un dos regueifeiro máis míticos de Bergantiños e polo tanto do país. Maestro onde os houbo da regueifa. Regueifeiro sen afán de ningún tipo. Sentía de seu a regueifa e así a levou ata a mesma Coruña. Era un home ledo que disfrutaba cantando. Para Suso, e respetando ao resto de membros do gremio regueifeiro, o mellor que víu na súa vida. Tampouco fixo cartos coa súa paixón, pero fixo felices a todos os que tiveron a sorte de coñecelo e rexurdiiu a regueifa erguéndoa ó máis alto da súa historia. Faleceu a comezos do 2003.

Outros persoeiros

O primeiro do que hai que falar é Eduardo Pondal, xa gabado de centos de homenaxes. Pero son moitos máis os persoeiros dos que se quedaron alá.

Nomes que levan moita historia detrás e que merecían formar parte, neste concello se cadra máis que noutros, desta selección. Manuel Pailos, Álvarez de Sotomayor, Avelino, Mosqueira Manso ou o mesmo actor cormelán Víctor Mosqueira, saíron a escena ao longo das divagacións.

Mención aparte merece o almirante Mourelle da Ría. Xa foron varias as petición que solicitaron a súa inclusión. Falamos do único galego, xunto a Méndez Núñez, que xace no Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando. Foi un precursor das viaxes do soado capitán Cook, que tamén chegou a Alaska buscando un paso polo Norte do continente americano e cuxo libro de apuntes desa viaxe levaba o propio Cook a bordo como guía uns anos despois. Así nolo conta Juan Campos.

 

VIMIANZO

Perfecto López

Naceu na Toxa-Vimianzo o 12 de maio de 1904. De familia tremendamente pobre, traballou de neno recollendo pinas ou carbón, ata que con 18 anos decide emigrar á Arxentina. Alí traballará de chofer e logo de xuntar uns cartiños decide regresar á Coruña, pero deseguida volve a Buenos Aires. Nesta segunda estadía fará fortuna coa compra de terras e sobre todo no ramo da automoción (foron famosos os seus concesionarios Perfecto López & Cía.). Nas súas empresas traballaron moitos vimianceses, pois dáballes traballo a todos os seus veciños que chegaban á Arxentina mentres non atopasen outra ocupación. Perfecto foi coñecido en Vimianzo polo seu alcume, o Tato da Valiña, e cada vez que retornaba causaba admiración o seu flamante coche, “o haiga do Tato”.

Poucos sospeitaban aquí que o Tato desempeñaba un importante labor político contra o réxime franquista, sobre todo dende a chegada de Castelao a Buenos Aires en 1940. Perfecto formará parte do reducido grupo de persoas de confianza do rianxeiro. Este grupo financiaba a estadía de Castelao e da súa muller na Arxentina, e tamén as institucións que creou: o Consello de Galiza (especie de goberno galego no exilio) e a Irmandade Galega (co seu voceiro A Nosa Terra). Debido á amizade de Perfecto con Castelao –e tamén con outros deputados como Alonso Ríos ou Suárez Picallo- foi enviado en 1949 a Galicia para reunirse cos galeguistas do interior (o grupo Galaxia). De volta desta viaxe Perfecto, coñecedor do estado terminal de Castelao, levou terra galega para cubrir o corpo do rianxeiro. Despois desta entrevista cos galeguistas de Galaxia viñeron outras, das que naceu unha profunda amizade co seu líder, Ramón Piñeiro –a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas-. A máis famosa foi a de 1958, na que Piñeiro e demais membros de Galaxia expuxeron o seu ideario e a súa ruptura coas teses que se mantiñan desde o Consello de Galiza.

Á parte de colaborar con estas entidades políticas, Perfecto tamén participou en asociacións de emigrantes, desde as máis galeguistas, como o Centro Ourensán, Pontevedrés e Lucense, ata o Centro Galego. De todas elas foi socio vitalicio. Pero sen dúbida, a entidade que máis lle debe é a A.B.C. de Corcubión, da que foi directivo durante máis de trinta anos, moitos deles como presidente. Perfecto impulsou, revitalizou e colocou esta asociación entre as máis importantes da colectividade galega emigrada. Froito do seu compromiso foron as xestións para a compra da súa casa social da rúa Venezuela e do recreo social de Vicente López. Ademais foi vicepresidente do I Congreso da Emigración Galega (1956), considerado o maior evento celebrado nunca pola nosa emigración. Tamén foi presidente da Editorial Citania, que tiña como director literario a Luís Seoane, responsable de publicacións como A esmorga de Blanco Amor, entre outras.

Perfecto López morreu en Buenos Aires o 12 de setembro de 1970.

Antón Mouzo Lavandeira

Este afamado pintor naceu en Vimianzo o 14 de maio de 1957. A súa sona comezou a finais da década dos oitenta cando obtén varios premios, aínda que xa levaba expoñendo dende mediados da década anterior. As súas creacións foron expostas maioritariamente na Coruña, Santiago e Vigo (só unha vez en Vimianzo), mais tamén noutras cidades europeas (Madrid, Málaga, Lisboa, Lorient...) e americanas (Nova York, Miami, Bogotá, Caracas...).

Agora mesmo pode verse unha exposición antolóxica da súa obra no Auditorio de Galicia santiagués. Moita desta obra está espallada en museos e institucións como a Biblioteca Nacional de Madrid, a Universidade de Santiago, o Museo de Arte Contemporánea de Santiago, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Carlos Maside de Sada, a Deputación da Coruña, ou nos colexios de Muxía, Zas e Corme, entre outros lugares. Fixo ilustracións para moitos libros, entre eles o Costa da Morte Blues de Rivas, o Alaridos de Lino Braxe ou o Imán Fisterra de Rei Núñez; e tamén para revistas culturais (fundamentalmente Luzes de Galiza); e mesmo colaborou con cadros e esculturas na película Finisterre de Xavier Villaverde.

Antón Mouzo falecería inesperadamente na Coruña en xullo de 2007.

Evaristo Martelo Paumán

Aínda que nacido na Coruña o 25 de abril de 1853, este escritor e avogado viviu durante boa parte da súa vida no castelo de Vimianzo, tamén coñecido como as Torres de Martelo. Desde el asinaba moitas das súas composicións. Foi un dos máis recoñecidos escritores da denominada “Cova céltica” coruñesa, lugar onde se reunían os destacados intelectuais da cidade, entre eles Eduardo Pondal. Como poeta deixou publicados os seguintes libros: Os afillados do demo (1885), Líricas Gallegas (1894), Landras e bayas (1919) e Andeiro (1921).

Tamén deixou anunciada a publicación doutro titulado As toupas do Pindo, que afondaría no conflito lingüístico do galego (que comezara con Os afillados do demo), mais non se sabe nada del. A posta en valor do noso idioma foi unha das tarefas máis sobranceiras de Martelo durante a súa vida. Como ben dixo o catedrático Carballo Calero, Martelo “concebía o galego, máis que como unha lingua de labregos, como unha fala de reises; máis que como un dialecto popular, como un idioma histórico”. Nos últimos anos foi recuperada, que non publicada, unha obra inédita titulada As Torres de Aviño. Tamén deixou escritos algúns libros sobre leis e agricultura.

Evaristo Martelo tiña os títulos de Marqués de Almeiras e de Vizconde de Andeiro, e foi membro da Real Academia Galega (1921-1928). Morreu na cidade da Coruña o 31 de marzo de 1928.

Outros persoeiros

O mesmo Juan Ferreira é o primeiro candidato que hai que lembrar. Xa de paso facemos un percorrido pola súa vida. Naceu na Casa de Xora (Treos-Vimianzo) o 18 de agosto de 1803. Licénciase en Leis na Universidade de Santiago de Compostela, e traballa como avogado e como xuíz ata que comeza a súa carreira política. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo, e ese mesmo ano é elixido deputado en Cortes polas circunscricións da Coruña e de Pontevedra (escolle a primeira). O seu labor como deputado foi recordado polo moito empeño que puxo en que se lles devolvesen as posesións á Igrexa logo das desamortizacións de Mendizábal e de Madoz. Foi condecorado coa Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica (1834) e coa Cruz de Comendador de Isabel a Católica (1837) pola defensa que fixo do dereito ó trono da raíña Isabel II. Así mesmo, en 1846 vén dende Madrid ata Lugo para frear a sublevación progresista galega, tendo Ferreira unha decisiva intervención na derrota deste levantamento -que tería como punto final a batalla de Cacheiras e os famosos fusilamentos de Carral. Máis información:  "A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte", e da revista "Escenas Contemporáneas" de 1861.

Entre outros candidatos que podían figurar están o pintor Xurxo Martiño, natural de Caxadas-Cambeda; de Bamiro temos a Xosé Mª Lema Suárez, historiador, presidente do Seminario de Estudos Comarcais e autor de moitas obras sobre a nosa zona, ademais de ser colaborador desta casa e achegarnos os elixidos do concello de Laxe para esta singradura histórica.

Tamén cabe destacar ao escritor Alberto Lema; Carmen Neira Marcos, mestra durante moito tempo en Salto; desta parroquia tamén é José María Rivera Pomar, catedrático de Anatomía Patolóxica na Universidade do País Vasco; os actores Vicente de Souza e Martiño Rivas; ou o propio Manolo Rivas, que viviu e escribiu moitos anos en Urroa-Vimianzo.

ZAS

Enrique Labarta Pose

Escritor e xornalista galego, que naceu en Baio no 1863 e finou en Barcelona aló polo 1925. Estudou dereito na Universidade de Santiago sen demasiado interese. Na cidade compostelá participaba nas sesión e tertulias da Academia de la Juventud Católica, xunto a Valle Inclán, Agusto G. Besada, Alfredo Brañas, Barcia Caballero, Vázquez de Mella, Cabeza de León e outros. Unha vez licenciado e sen saber claramente que facer, seguiu o consello de Brañas e ingresou na Administración publica da man do entón diputado Eduardo Vicenti, a quen lle dedicaría o seu libro de poesía en galego e castelán “Bálsamo de Fierabrás” (1889).

Fundou as publicacións “Extracto de Literatura (1893) e “Pasatiempos”(1900), dirixiu “Galicia Moderna” (1897) e colaborou en outras como “Mi Tierra”, que dirixía en Ourense Lopez Aydillo, onde empregou o pseudónimo de Antón de Rabodegalo. Pouco a pouco debeu de ir perdendo a popularidade, como se pode deducir nas palabras dun artigo que Pérez Lugín escribíu en La voz de Galicia: “Gracias a Dios! Que alguien se acuerda del poeta imperdonablemente oscurecido…” e una parte da súa obra quedou espallada nas paxinas dos xornais e revistas e outra, nos libros de versos “Última novedad: noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados a todos los gustos” (1884), “Bálsamo de Fierabrás” (1889), Millo Miúdo: versos galegos (1896) e Adormideras: poesías festivas (1902)., este último en castelán. Tamén se editou a súa producción en folletos e, despois da súa norte, viron a luz “Poesías en gallego y castellano” (1928) e “Cuentos humorísticos” (1929), obras reeditadas nos anos 60 con prólogo de Benito Varela Jácome.

Varias das súas composicións resultaron premiadas e numerosos certamese, entre elas, destaca “unha corrida de touros en Noya” gañadora nos Xogos Florais de Pontevedra en 1886.Toda a súa producción sobresae polo humor, que se manifiesta sobre todo nos contos, se ben este non deixa de ser un recurso para non presentar en toda a súa crudeza a triste vida dos seus persoaxes, ás veces coincidente coa propia. Como poeta hai que encadralo na liña costumusta de finais do século XIX e comezos do XX, aínda que incorporou elementos modernistas (Xosé María Dobarro Paz).

Entre os recoñecementos á súa figura atopamos o colexio de Zas, que leva o seu nome CEIP Enrique Labarta Pose de Zas.

Maximino Romero de Lema

Relixioso que naceu en Baio o 15 de novembro de 1911. Arcebispo e secretario da Sagrada Congregación do Clero no Vaticano, licenciouse en Derito pola Universidade de Santiago e completou os seus estudos na de Madrid, centros nos que posteriormente exerceu docencia. Durante a súa estadía na cidade compostelá relacionouse con persoeiros da cultura como García- Sabell, Jose María Casstroviejo, Assía, Fernández Zelada, etc., foi presidente diocesano e vicepresidente rexional da xuventude de Acción Católica e estivo á fronte da Asociación de Estudantes Católicos. Esta actividade púxoo en contacto conÁngel Herrera, que provocou o seu traslado a Madrid, onde, ademáis de encargarse do ensino universitario, fundou o centro de Estudos Universitarios (CEU).

A Guerra Civil española impedíulle continuar cos estudos eclesiásticos, iniciados en Friburgo (Alemaña), pois participou como artillero en todalas frontes da batalla. Ö concluila contenda bélica, seguíu coa carreira eclesiástica no seminario de Madrid e despois trasladouse ó colexio Español en Roma (Italia) para estudar teoloxía na Univ Gregoriana. A ocupación aliada obrigouno a abandonala capital italiana, polo que concluíu a licenciatura na Univ Pontificia de Salamanca. O 23 de decembro de 1944 foi ordenado sacerdote en Santiago de Compostela.

Nomeado consiliario da xuventude universitaria de Acción Católica, en 1946 fundou o colexio maior de Guadalupe da universidade de Madrid e creou, neste mesmo ano, o colexio maior de Santiago de salamanca para vocacións universitarias tardías. Ó mesmo tempo, puxo en marcha a obra de Cooperación Sacerdotal Hispaoamericana (Ocsha), para a promoción e preparación de sacerdotes españois misioneiros en América.

En 1949 foi nomeadoreitor da iglesia española de Monstserrat en Roma, onde estableceu o Instituto Español de Estudos Eclesiásticos. En Madrid constituíu o Seminario hispanoamericano, dependente de Ocsha, e fundou o Instituto Bíblico e Arqueolóxico Español en Xerusalén.

En 1964 foi consagrado bispo e, nese mesmo ano, consagrado bispo axuliar de Madrid, encargado da Pastoral universitaria e secretario da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal. Incluso chegou a participar nas dúas últimas sesión do Concilio Vaticano II. O 22 de novembro de 1968 entrou en Ávila como bispo titular e foi nomeado presidente da univ Pontifica de Salamanca pola Santa Sé. En 1973, foi investido doctor onoris Causa pola universidade salmantina e, nese mesmo ano, Paulo VI distinguiuno co nomeamento de arcebispo de CIttanova e secretario da Sagrada Congrregación do Clero. A súa actividade en Roma permitíulle conectar con diversos episcopados, visitar oficialmente Cuba e participar na creación do Concello Internacional de Catequese e no Sínodo dos Bispos. Faleceu dunha grave enfermidade cando regresaba de Roma a España o 29 de Outubro de 1996.

Conta igualmente cun centro educativo adicado á súa figura, o IES Maximino Romero de Lema.

Eugenio Romero Pose

Relixioso de Baio 15 de marzo de 1940. Comezou a súa formación eclesiástica e en umanidades no seminario de Santiago (1959- 69), continuóuna no colexio español en Roma, cidade na que tamén realizou estudos de teoloxía na Univ Gregoriana, Ciencias Orientais no Instituto Oriental e Patroloxía no Instituto Patrístico Augustinianum. Especializouse en Patrística. O 27 de xullo do 74 fou ordenado sacerdote na súa parroquia natal.

Axudante na Univ Pontificia Gregoriana, en 1977 impartiu clases no Centro de Estudos teolóxicos das Canarias (As Palmas) e en 1978 realizou o doutouramento en Teoloxía pola Univ Gregoriana, coa tese “Símbolos eclesiales en el comento a Apoc. 1, 13- 3, 22 (Hasta la reconstrucción donastia)”, dirixida por Orbe, que mereceu a máxima cualificación. Ó ano seguinte pasou a formar parte dos investigadores bolseiros do Instituto Español de historia de Santiago e Montserrat, En Roma, e nomeárono profesor da Facultade de teoloxía do Norte de España (Burgos).

Foi docente e director do Instituto Teolóxico compostelán (1981- 89) e dirixiu o Centro de Estudos Xacobeos (1984- 97), ademais de estar o fronte da colección “fuentes y estudios patrísticos” da editorial ciudad Nueva e da revista Compostellanum. Tivo diversos contactos co clero africano, polo que en 1992, dirixiu os exercicios espirituais dos bispos de Angola e, entre 1992 e 1994, se encargou de impartir os cursos de formación ós sacerdotes angolanos. Reitor do seminario maior de Santiago dende 1991 ata a súa designación como bispo, o 1 de maio del 97 recibiu ordenación epoiscopal na catedral da Nosa Sra. A Real da Almudena, de Madrid, e dende esa data e bispo auxiliar da arquidiócese madrileña.

Numerosos artigos de investigación da súa autoría viron a luz en diversas revistas científicas e colaborou en publicacións como “encrucillada”, “A trabe de Ouro”,etc. Conta, ademais, con varias obras sobre a súa especialidade “Comentarius in Apocalypsin” (1985), El Camino de Santiago (1989), Pléroma. Salus Carnis: omenaje a Antonio Orbe, S.J. (1990), El espíritu santo de los Origenes de la Iglesia (1998), la despersonalización (2002), a traducción de Demostración de la predicación apostólica, de Ireneo de León , e o Libro de Jacobeo (2004).

É membro da Asociación Internacional de Patrística do Instituto Galaico. Minhoto, da Conferencia Episcopal Española, do Cocello da Cultura Galega, ademáis de presidila comisión episcopal para a doutrina da Fe da Conferencia Episcopal española dende 2002. En 2004 ingresou na Real Academia de doutores de España co discurso “La investigación sobre la primera teología cristiana (significado y alcance de la obra de A. Orbe)”.

Outros persoeiros

A piques estiveron de formar parte dos elixidos, pero finalmente non puido ser. Unha pena, sobre todo, no que respecta ao gran divlgador científico Jorge Mira. O polivalente baiés, recentemente nomeado Galego do Ano polo Padroado Fogar de Bergantiños foi outro dos baraxados para formar parte desta selección.

Outro que se manexou entre os nosos especialistas foi Monseñor Romero de Lema, siervo de Deus do que podemos atopar máis información na páxina da Fundación que leva o seu nome.

Comentarios