Luns. 25.01.2021
El tiempo

O Parlamento abre finalmente unha mesa de traballo para a homologación o Camiño dos Faros

O Camiño dos Faros na Praia da Barda
O Camiño dos Faros na Praia da Barda
O Parlamento abre finalmente unha mesa de traballo para a homologación o Camiño dos Faros

Despois do paso de hai dúas semanas pola Comisión do Parlamento, coa triste resposta de Nava Castro, o deputado do PSOE Martín Seco volveu sacar a necesidade de homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Longo Percorrido, e darlle un impulso a un produto turístico absolutamente consolidado, e regalado á administracións dende a cidadanía, que aporta 20.000 visitas anuais á Costa da Morte e Bergantiños.

A repregunta do PSOE (que pide ademais non roubarlle o nome en alusión ao proxecto posterior da Ruta dos Faros) lembra que a Consellería de Medio Ambiente aínda non resolveu a avaliación de impacto ambiental proposta pola Asociación, e non entende por que a Federación Galega de Montaismo esixe un 10% e mentres europea permita ata o 20% (o Camiño dos Faros ten un 11,5 por cento de asfalto non urbano, e a Asociación ofreceu un informe con posibles solucións).

Pero sobre todo, a repregunta ía enfocada á abrir unha mesa de traballo multilateral enfocada na homologación. Unha mesa na que participen a Xunta, a Deputación da Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño dos Faros, a Asociación de Turismo Costa da Morte –ATCM-, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo.

A mesa aprobada

Finalmente, o Parlamento demandará á Xunta crear a mesa de traballo. Así o recoñecía o deputado popular, o carballés Rubén Lorenzo, que coñece ben o potencial da senda.“Compartimos coa Asociación Camiño dos Faros o obxectivo de que esta ruta exista e perviva no tempo, ao tempo que a faga moita xente co máximo respecto pola natureza”, sinalou o deputado popular.

Pero non todo foron boas palabras. Se Nava Castro utilizaba o propio informe dos [email protected] en contra da viabilidade do Camiño, Lorenzo, explicou que a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido corresponde á Federación Galega de Montañismo, polo que “a Xunta non pode nin debe promocionar e recoñecer ningunha ruta que con conte coas garantías mínimas establecidas”. Así, apuntou que “existen tres puntos importantes que bloquean esta homologación: os aspectos ambientais, o paso por fincas de titularidade privada e a porcentaxe de quilómetros de asfalto existentes na propia ruta”.

En todo caso, onte si indicou que hai vontade da Xunta para conseguir a homologación “co apoio do traballo feito pola fundación Galicia sustentable, ven apoiando aos concellos a través do seu xeodestino e do seu órgano xestor”.

 

Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros

comentarios