Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Salvacadelos busca fogar para unha camada abandonada no monte

Salvacadelos busca fogar para unha camada abandonada no monte

A verdade é que a xente non ten alma nin ten corazón. Esta fermosa camada de 4 cachorriños, foi encontrada abandonados no monte. Estaban sendo coidados por un canciño (macho) abandoado tamén, ao que a Clínica Veterinaria Argos de Cee, responsable da iniciativa solidaria Salvacadelos con este diario, xa lle atopou casa.

Pero agora a urxencia corre presa para estes pequerrechos, que deben ter un mes. Son 3 machos e unha femia.

Unha pequena que tamén busca casa

E esta cadeliña que está soa, é a que queda da camada de Vimianzo que aparecía hai un par de semanas.

Salvacadelos segue formando fogares

Entrementres estamos encantados de contarvos que Salvacadelos segue a funcionar de marabilla, sobre todo a través do Facebook. Esta pasada semana eran varias as novas familias formadas. Ademais dos 6 cachorros da camada vimiancesa, que tiveron unha acollida tremenda a través da rede, outro protagonista é Rudy, atopado polas rúas de Corcubión, que xa vive con Sandra Karina tras pasar un mes na casa de acollida de Roberto e Eva.

Gracias a todos por seguir crendo na solidariedade.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios