Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Santa Comba colleitou 156 doazóns en 2 días

Santa Comba colleitou 156 doazóns en 2 días
Doando sangue en Santa Comba

156 doazóns de sangue en 2 días de pleno verán. Toda unha marca que demostra a solidariedade da veciñanza xalleira e o ben que funcionou a campaña de concienciación do Concello e o Centro de Transfusión “Súmate. Doa Sangue”.

Así, en apenas 2 días de visita do bus da doazón, alcanzaron a cuarta parte das doazóns de todo o ano pasado, superando con 68 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Santa Comba conta con 1.426 doadores censados, que realizaron 10.557 doazóns de sangue dende a primeira visita dunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia en novembro de 1993.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios