Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A sardiñada universal de embaixada.gal, portada dun libro en Xapón

Lucio e Alejandra Plaza co libro xapones de portada Sardinada de embaixada
Lucio e Alejandra Plaza co libro xaponés de portada galega
A sardiñada universal de embaixada.gal, portada dun libro en Xapón

O ano pasado partiu desde a plataforma informativa embaixada.gal, presidida pola cabanesa Alejandra Praza, lanzaron polo mundo a ”Sardiñeira”, unha sardina virtual en busca de amigas polo mundo para crear un banco interactivo de sardiñas no que participaron máis de 200 persoas de todos os recunchos do mundo, galleg@s e amantes de Galicia. Coas achegas fixeron un mural baixo o lema “larghando redes” que Alejandra Praza e Xosé Lois Domínguez “Lucio”, lanzaron como unha proposta máis dentro da plataforma co fin de crear redes e manter contacto en tempos de pandemia. A chamada ao proxecto recibiu unha gran aceptación e, pequenos e non tan pequenos, participaron na iniciativa achegando marabillosas obras de enxeño e imaxinación plasmadas en forma de sardiñas.

Este mural interactivo acaba de converterse na portada dun libro escrito en xaponés e en Xapón. O libro recolle unha recopilación de artigos académicos sobre o uso das linguas e as relacións entre persoas no que enfocan os temas do mundo logo da aparición do Covid 19 e a importancia dos lazos e vínculos entre as persoas. Á súa vez, inclúe un artigo sobre a lingua galega e a comunidade galega da diáspora e o uso das redes sociais.

"Embaixada.gal é un proxecto colectivo. Un proxecto enfocado ás novas galeguidades. E hai moitas: en Europa, nas Américas, en Xapón… galeguidades sen apelidos galegos, sen nomes, sen trazos… pero que teñen a característica de gustarlles Galicia e o galego (e os galegos e galegas)”, explica Lucio. Recoñece que “un dos proxectos que máis chollo deu foi “Larghando redes”, non só polo novedoso dun traballo colectivo de máis de duascentas persoas ao longo do mundo, senón polo traballo de deseño en si”. Pero, “que desde o outro lado do mundo nos pidan poder usar ese traballo para portada (nada menos!) dun libro, primeiro pilloume estrañado, logo revisei o almanaque (non vaia a ser que fose o primeiro de abril) e despois un pouco acolloado (por que non dicilo) pola responsabilidade. Pero ao fin, por que non?. Takeshi é un embaixador máis da nosa embaixada, un de nós. Así que, non podo máis que sentir orgullo por apreciar o traballo e os deseños que realizamos. Orgullo pleno!! Arigat? Takeshi" aportou Xosé Lois, Lucio.

Libro de Embaixadagal en xapones

Tecer pontes

”Creo que é un dos proxectos que serve como exemplo do que se pretende con embaixada.gal. Cando me contactaron para utilizar o noso deseño sentinme satisfeita e feliz do traballo altruísta que, desde embaixada.gal realizamos. Ver a colaboración e entrega de tanta xente plasmada nun libro xaponés é algo difícil de explicar. Tecer redes, crear pontes, abrir fronteiras con gheada, con seseo, en galego, con Galicia por diante, ata en tempos de pandemia é fundamental. Estamos moi contentos e sorprendidos con este traballo e o seu resultado. Non somos unha Galicia exterior. Somos movemento, globalización, multiculturalidad, novas tecnoloxías e un compromiso coa diáspora do século XXI máis independente. Queremos seguir sementando o mundo cos pés arraigados á terra”, declarou Alejandra Plaza.

Novas relacionadas

Comentarios