Segue as Eleccións Municipais 2019 en QPC minuto a minuto
Este domingo 26 de maio a Costa da Morte está chamada a votar. Ademais da importancia de votar nas Eleccións Europeas todos somos conscientes do que a nosa sociedade se xoga cada vez que exercemos a nosa democracia.
Ao longo do día, ata as 20:00h, estarán abertas as mesas electorais, e a partir de aí irá caendo o escrutinio segundo se vaian realizando os recontos. En QPC faremos un seguemento completo e teredes unha nova común e unha nova por cada concello onde poderedes darlle a recargar sen parar para ir vendo como vai evolucionando o escrutinio.
Con ferramentas coma estas (estes son os resultados das pasadas Xerais do #28A concello a concello), poderedes recargar e seguir o escrutinio minuto a minuto dos resultados no voso concello, así como no resto do país.
Todas as Novas sobre as Eleccións
- #Listas26M: Todas as Candidaturas ás Eleccións Municipais 2019.
- A importancia de votar nas Eleccións Europeas.
- Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte.
- Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte.
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.