Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha semana de prazo para os últim@s Youtubeir@s

Imaxe dun encontro de Youtubeir@s no marco do CIP 2018
Unha semana de prazo para os últim@s Youtubeir@s

O Proxecto Youtubeir@s segue en marcha. Ata o 27 de setembro segue aberto o prazo de inscrición aos seus premios. Un concurso que ten co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua, creado por 13 Servizos de Normalización Lingüística entre os que se atopa o carballés.

6.500€ esperan aos premiados neste certame que vén de gañar o galardón Mil Primaveras, concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística, na categoría de proxecto máis innovador.

Por iso aínda podes enviar o teu vídeo, (cómpre que os vídeos estean publicados con data posterior ao 15 de marzo de 2018), sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. Poderás participar nas categorías vídeo-facermos (vídeos que mostran saberes e procesos de elaboración a través de titoriais), vídeo-opinarmos (exposición de opinións e valoracións sobre un tema de interese), vídeo-cantarmos (vídeos musicais con versións, composicións orixinais, adaptacións ou coreografías) e canles.

Acto en Compostela

Compostela acollerá o encontro 'Lista de reprodución ao vivo', un evento que ten como obxectivo establecer relacións de intercambio e debate entre o público e a comunidade creadora de contidos en Youtube.

O prazo para inscribirse (en [email protected]) remata o 30 de setembro. A cita será o 3 de outubro entre ás 18.00 e ás 20.00 horas no edificio CEA (Centro de Estudos Avanzados) da USC (Finca de Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Novas relacionadas

Comentarios