A lingua de Malpica é campal, che!

16:00 04/05/17
Moi fans do proxecto Youtubeir@s. Esa iniciativa que leva o galego á rede a través da nosa mocidade. O xurado xa está en pleno proceso de visionado dos máis de 100 vídeos enviados dende toda Galicia. E nós queremos intentar influencialos cara casa.
Así aquí traemos este fantástico vídeo dos rapaces IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, un titorial rápido para aprender a fala malpicán en 3 minutos. Mírao e mesmo poderás dicir que "ti es da volta" a través das peculiaridades dialectais do bloque occidental do idioma galego”.
Os peques malpicáns xa agardan a cita do Hai do venres 26 de maio ás 20 horas no teatro Principal de Ourense, onde se anunciarán os premios de ata 4.000€.
Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Novas relacionadas- Máis de cen Youtubeir@s envían os seus vídeos na recta final do concurso.
- Comezan os obradoiros de viodeocreación para o programa Youtubeir@s
- Carballo e Mazaricos súmanse á campaña dos Youtubeir@s para promocionar o uso do galego na rede
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo