Os youtubeir@s malpicáns levan premio



Máis de 200 vídeos participaron finalmente no Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede. Un certame que pretende aumentar a presencia do galego na rede, e que viviu a súa gala final de entrega de premios o pasado venres, no Teatro Principal de Ourense. E entre os seleccionados, un proxecto malpicán.
O vídeo de “6 pasos para falar malpicán”, realizado polos alumnos do IES Urbano Lugrís, vén de recibir a “Mención honorífica á calidade lingüística”. O vídeo, que xa supera as 8.500 visualizacións na rede, e non pasou desapercibido para o xurado do certame.
Foi o mestre Xacobo de Toro, un dos responsables dos proxectos de ciencia levados á rede polo instituto malpicán, o que recibiu o premio.
Ademais, as pezas gañadoras foron, na categoría vídeo-facermos, para “Guiso especial Anti-San Valentín” realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco, e na categoría vídeo-opinarmos, o premio foi para “Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca” presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño. Estes dous premios foron entregados por dous membros do xurado, María Yáñez e Manuel Núñez Singala.
As mencións honoríficas (ademais da malpicá) foron entregadas pola Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Ourense, María Belén Iglesias e o Concelleiro de Normalización de Pontevedra, Alberto Oubiña. A mención especial polo enxeño e creatividade foi para David Otero Fumega co seu vídeo “SmartFol G6! Unha Review moi especial” e o premio que destaca a eficiencia comunicativa foi asignado ao videotitorial “Tortilla de Pascua” da youtubeira Isabel Villanueva. A mención de honra á calidade técnica recibiuna Miguel Rodríguez González pola súa vídeo-opinión “1000 rpm - A noite” e o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica pola peza colectiva “Seis pasos para falar malpicán”.
PREMIOS YOUTUBEIR@S 2017
CATEGORÍA VÍDEO-FACERMOS
Guiso especial Anti-San Valentín (abstéñanse delicad@s) Laura Pego Crugeiras (Corasón de Churrasco)CATEGORÍA VÍDEO-OPINARMOS
Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca Carmen Suárez Nieto (Teño unha horta en San Sadurniño)MENCIÓNS DE HONRA YOUTUBEIR@S 2017
Mención honorífica ao enxeño e creatividade: SmartFol G6! Unha REVIEW moi especial... David Otero Fumega
Mención honorífica á eficiencia comunicativa: Tortilla de Pascua #ogalegomola, de Isabel Villanueva:
Mención honorífica á calidade técnica: 1000rpm - Video-Opinarmos - A noite Miguel Rodríguez González:
Mención honorífica á calidade lingüística: Seis pasos para falar malpicán IES Urbano Lugrís de Malpica:
Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Novas relacionadas
- A lingua de Malpica é campal, che!.
- “Que o pasen ben ca ciencia”.
- Abril 16: Máis de cen Youtubeir@s envían os seus vídeos na recta final do concurso.
- Carballo e Mazaricos súmanse á campaña dos Youtubeir@s para promocionar o uso do galego na rede
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)