Siente Galicia: “A xente busca natureza impactante na Costa da Morte”
Queremos hoxe seguir coñecendo, a través dos nosos visitantes, as cousas que fan da Costa da Morte un lugar especial, un destino turístico inigualable. E para iso falamos con Keina González, unha das tres mulleres que artellan a inciativa emprendedora Siente Galicia.
Trátase dunha axencia de venta de escapadas ao longo do noso país. E como non, a Costa da Morte tamén está presente como proposta turística. E tras falar con ela, reincidimos na conclusión de que o noso meirande tesouro é a nosa virxindade. Iso si, cóntanos que "o que botamos e botan de menos os clientes é un aloxamento que dispoña de Spa, balneario..." Polo de pronto, e mentres non chega esa infraestrutua, agardemos mantela nosa natureza tan salvaxe como está, lonxe de falsos desenvolvementos.
- QPC: Moi boas Keina, que escapadas ofrecedes para visitar a Costa da Morte?
Keina: Actualmente dispomos de 12 escapadas na Costa da Morte. Todas elas categorizas por temáticas como Aventura, Cultural, Golf, Especial nenos, Rural- Natureza, Escapada Romántica, Gastronómica, ou simplemente como aloxamento. Agora mesmo estamos en fase e elaboración de novas escapadas, para o 2012 contamos ter un mínimo de 20 escapadas na zona. Con todo, os nosos clientes xa poden reservar e visitar en lugares tan paradisíacos como Hotel Insua de Cee, o Hotel Rústico A Torre de Laxe, o Hotel Hórreo de Corcubión, e mesmo facer a ruta xacobea Santiago-Fisterra ou barranquismo polo río Miñóns.
- QPC: Teñen éxito?
Keina: Pois a verdade é que si. Notamos que hai bastante xente que descoñece a zona, pero que cando a visita queda sorprendida pola súa beleza e pola súa riqueza tradicional.
- QPC: Cal é o perfil do visitante típico?
A idade, entre 30 e 50 anos, de procedencia galega maioritariamente. Iso si, o 80% dos nosos clientes, buscan temática de "Relax e Benestar". Pero ao só estarmos no mercado dende este pasado mes de setembro, entendemos que polos meses que son, adoita ser o máis habitual.
- QPC: Que busca a xente na Costa da Morte? Por que reservan na nosa bisbarra?
Keina: A xente busca un lugar con natureza impactante, pola tranquilidade dos seus pobos, a tradición do bo comer, o goce de actividades de aventura, as súas paisaxes e os seus mares embravecidos... Tamén preguntan por rutas específicas como son: a Ruta do Románico, a Ruta dos Castros e a Ruta dos Dólmenes.
A xente busca un turismo diferente, pouco masificado.
- QPC: E xa máis a modo persoal, que é o que a vós máis vos chama a atención, máis vos atrae da Costa da Morte?
Keina: A xente, a paisaxe e, como non, as súas praias.
Máis información
- Siente Galicia: www.sientegalicia.com.
Novas relacionadas
- AViajes, competindo con Atrapalo dende a Costa da Morte.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte.
- Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
- A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte.
- Madrid degusta de novo o que estamos pescando.
- De barranquismo polo río Miñóns.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera: As Orixes (II): A Translatio.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).