Só 3 cambios importantes tralas Eleccións Municipais de 2023 na Costa da Morte
Poucos cambios veremos nesta lexislatura na Costa da Morte. A nova máis destacada destas Eleccións Municipais de 2023 é que hai poucas variacións en canto aos forzas máis votadas. Apenas en Corcubión e Santa Comba houbo envorcos electorais, superando o BNG ao PSOE na vila de San Marcos, e o PSOE ao PP na xalleira. O caso de Ponteceso, analizámolo individualmente.
O PSOE, un punto por riba
Se nos Comicios de 2019, o PSOE e o PP foron a forza máis votada en 8 concellos, polos 3 do BNG, as cousas non mudaron demasiado.
Neste 2023, o PSOE é a forza máis votada en 8 Concellos (rouballe o Concello de Santa Comba ao PP; pero perde o de Corcubión con respecto ao BNG), quedando o PP con 7sendo o BNG o que máis votos levou en 4 Concellos:
- PSOE: Cabana, Carnota, Cee, Dumbría, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo.
- PP: Cabana, Coristanco, Fisterra, Laracha, Malpica, Muros, Laxe.
- BNG: Carballo, Corcubión, Mazaricos e Zas.
12 Maiorías absolutas
12 dos 19 concellos que cubrirmos en QPC suman maioría absoluta.
- O PSOE ten maioría absoluta en Carnota, Camariñas, Cee, Dumbría, e Vimianzo).
- O PP suma maiorías absolutas en Cabana, Coristanco, A Laracha, Laxe.
- O BNG mantén a maioría absoluta nos seus 3 feudos habituais: Carballo, Mazaricos e Zas.
Pactos previsibles
Outros concellos quedan con minorías simples pero pactos complicados.
É o caso de Fisterra, onde a maioría simple do PP só podería ser superada por unha coalición de esquerdas comandada pola nova forza de Alianza dos Veciños.
En Malpica, Cañizo volve ser, unha vez máis, chave de goberno, despois de darlle a alcaldía ao bipartito ao comezo de lexislatura pasada e quitarlla para darlla ao PP no ecuador./
Muros pode tamén ser pasto de pactos, co BNG como principal motor de cambio se é apoiado polo PSOE, para sacar da alcaldía ao PP.
En Muxía o PSOE perdeu a maioría absoluta pero terían que poñerse en común PP, Independientes e BNG para quitarlle a alcaldía. Situación complicada en calquera caso.
E Ponteceso
As 7 candidaturas de Ponteceso merecen un apartado especial. A crise do goberno socialista provoca unha caída do 8 a 4, perdendo así a maioría absoluta. Agora o PP terá que apoiarse no Partido Galego, e seguramente en Adiante x Ponteceso ou APIN-ESCO, para cambiar a alcaldía.