O Teatro enche os auditorios
Por unha programación continua máis habitual nos concellos da comarca

10:57 11/11/19
É o outono tempo de teatro, e así o constata o feito de que durante esta fin de semana estiveron activos 5 programas municipais, como podemos comprobar na Axenda Costa da Morte. Carnota, Santa Comba, Vimianzo, Ponteceso e Malpica viviron sendas sesións teatrais con cheos que demostran a necesidade de establecer unha programación continua máis potente.
Compañías como Señora Supina, Contraproducións, Producións Excénticas ou Rendrum Teatro encheron os auditorios, e deixaron un gran sabor de boca nos centos de asistentes.
Unha invitación para que, por exemplo, o Concello de Malpica prepare, para celebrar os 15 anos de Mostra, un ciclo de espectáculos nos comercios e establecementos hostaleiros da vila.
Cheo en Malpica