Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Como tes que facer para votar por Correo nas Eleccións Municipais do 26 de maio 2019

Como tes que facer para votar por Correo nas Eleccións Municipais do 26 de maio 2019

Se es dos 44.400 emigrantes costeiros que viven no estranxeiro, xa chegamos tarde. Pero se vives dentro do Estado, e segues censado no teu concello de nacemento, aínda temos tempo para que participes nestas Eleccións Municipais 2019, e “rogues” o teu voto.

Do 3 de abril ata o 16 de maio podes solicitar (rogar) o voto por correspondencia. Podes facelo nas Oficinas de Correos, como nos explica na súa propia guía, cubrindo o impreso e presentándoo xunto co teu DNI, pasaporte, carnet de conducir ou tarxeta de residencia, sempre que leve fotografía.

Do 6 ao 19 de maio deberías recibilo por correo certificado, para cubrilo e envialo, tamén dende calquera oficinal postal, antes do 22 de maio.

Novas das Eleccións

Comentarios