Todos os comercios cobrarán a partir do 1 de xaneiro entre 5 e 30 céntimos por cada bolsa de plástico
08:05 17/02/17
O 1 de xaneiro de 2018 entra en vigor un real decreto que prohibe a entrega gratuita de bolsas de plástico en todos os comercios
A partir do vindeiro 1 de xaneiro, todos os comercios terán prohibida a entrega gratuita de bolsas de plástico. A lei obrigaraos a cobrar un precio mímino que oscilará entre os 5 e os 30 céntimos en función da espesura e do material. Con esta medida, preténdense cumprir a directiva europea de rebaixar o consumo de bolsas de plástico lixeiras non biodegradables e o incumprimento da mesma sancionarase con multas.
Así o establece o proxecto do real decreto do ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente que antes de entrar en vigor deberá pasar polo Parlamento para a súa tramitación e enmenda. No real decreto prohíbese expresamente a comercialización de bolsas de plástico lixeiras oxodegradables debido ao "perxuizo para os chans, auga e organismos" que xeran xa que en lugar de descompoñerse fragmentanse en micropezas de plásticos altamente contaminantes.
Actualmente non existe ningunha prohibición formal ao respecto ainda que unha boa parte das grandes cadeas de supermercados cobran as bolsas. Na Costa da Morte, existen negocios nos que se fomenta o uso de outros materiais reutilizables - como bolsas de papel ou cestos - sen coste adicional para ao cliente. Un traballo de concienciación ambiental que levan a cabo empresas comprometidas como Etel&Pan, de Fisterra.
Os datos son, cando menos, abrumadores, xa que de media cada persoa usa unhas 250 bolsas de plástico ao ano. Este producto tan efímero é un dos artigos estrela da cultura de usar e tirar sen ser conscientes das grandes cantidades de material e enerxía que se gastan en producilas. Tanto a súa fabricación e distribución como o seu tratamento posterior provocan importantes problemas ambientais. Actualmente só se reciclan un 10%, o que supón unhas 100.000 toneladas de residuos ao ano.
Estar o ou non estar preparados para súa "desaparición". Esa é a cuestión.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])