Luns. 06.05.2024
El tiempo

Tomando nota de mobilidade e tráfico en Euskadi para devolver Carballo aos peóns

Tomando nota de mobilidade e tráfico en Euskadi para devolver Carballo aos peóns
A bicicleta e fundamental na mobilidade de Gasteiz-Foto-Mapfre

Non é que teñamos na zona grandes urbes que precisen dunha ordenación urbanística demasiado complexa, ou uns programas de mobilidade e tráfico ao estilo NY. Pero Carballo xa pode mellorar a súa ordenación. E para iso, que mellor que fixarse nos bos exemplos. E o País Vasco sempre presumiu de boas comunicacións urbanas e un gran exemplo é Vitoria-Gasteiz.

Alá marcharon o Arquitecto Xefe da Área de Urbanismo do Concello de Carballo, Alfredo Garrote, o Xefe do Servizo de Proxectos e Obras, José Facal e o Xefe da Policía Local de Carballo, Roberto Mosquera. A finais do pasado mes de novembro pasaron uns días Vitoria-Gasteiz co obxectivo de aprender de experiencias de mobilidade e tráfico implantadas en Vitoria para poder incorporalas no futuro á vila carballesa.

Por que a Vitoria-Gasteiz? Pois pola aprobación do "Plan de mobilidade sostible e espazo público" no ano 2008, que contou cun amplo respaldo político e social, de que focaliza esforzos na mobilidade sostible e na mellora do espazo público. Plan que provocou que a vila vasca recibise varios premios como o nomeamento de Vitoria-Gasteiz como Green Capital 2012, o Premio Europeo de Excelencia en Política de Ciudades para la Construcción Verde en 2013 ou a súa inclusión no proxecto CIVITAS promovido pola Unión Europea.

O obxectivo final ds políticas desenvolvidas na cidade vasca ten como finalidade a reconquista do espazo urbano por parte do peón, dando primacía a modos de transporte sostible con especial protagonismo á mobilidade peonil fronte aos modelos convencionais baseados no tráfico do automóbil.
Para elo, implantáronse en Vitoria-Gasteiz medidas disuasorias de utilización masiva do automóbil, establecendo en moitas rúas o tráfico calmado (velocidades de 10, 20 ou 30 kms por hora) e restrinxindo o aparcamento en superficie, medidas que están a contribuír á recuperación da cidade como espazo público de alta calidade.

Entendemos que poden ser medidas que a veciñanza tarde en aceptar, pero de seguro que o acaba agradecendo, que peóns, somos todos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios