XEAL para o único forno activo da fábrica de Cee mentres fai máis caixa que nunca cas centrais hidroeléctricas

Indignación no seo dos traballadores de XEAL ao ver como a dirección da empresa, sen previo aviso nin data de rearranque, decide parar o forno 14 cando máis beneficios está obtendo a conta do elevado prezo da electricidade. Lembran que se trata do único forno que estaba producindo na fábrica de Cee, apenas activo dende o pasado 21 de xaneiro. “Esta medida agrava o desmantelamento progresivo que as fábricas de ferroaliaxes están sufrindo dende que hai máis de dous anos FerroGlobe e TPG-Ithaka argallaron o proceso de compra-venda”, lamentan dende o Comité.
Un Comité moi crítico co momento da paralización. “A decisión de suspender a produción no forno 14 prodúcese ademais nun momento no que o custe da electricidade acada prezos históricos, que rebentan todos os máximos marcados nos últimos meses. É dicir, XEAL para a fabricacións nos fornos mentres obtén beneficios millonarios grazas á produción de electricidade xerada nas nosas centrais hidroeléctricas”, explica Alfonso Mouzo, presidente do Comité.
”As decisións empresariais que ao longo deste tempo tomou a dirección de XEAL evidencian que o único interese deste fondo de investimento é o negocio da enerxía e obter o maior beneficio posíbel a conta da especulación nun sector básico para o desenvolvemento industrial e o benestar social do país, como a produción eléctrica“.
Precisamente nese punto os traballadores non esquecen que “neste complexo a actividade enerxética está vinculada, mediante unha cláusula esencial da concesión ratificada polo TSXG, á produción de ferroaliaxes e con esta decisión XEAL, de facto, o que fai é incumplir flagrantemente as condicións das concesions, comprometendo a viabilidade das fábricas e o mantemento dos postos de traballo”.
Por iso botan de menos a acción da Xunta, titular das concesións, para que evite que “esta segregación encuberta se faga realidade: no ano 2017 cando Ferroatlántica tentou vender as centrais hidroeléctricas e posteriormente cando en 2019 FerroGlobe levou adiante, co beneplácito do Goberno galego, unha venda fraudulenta, que converteron as fábricas de Cee e Dumbría nunha especie de subcontrata do grupo, supeditando as capacidades e futuro das instalacións ás decisións de FerroGlobe, mais non formando parte deste grupo empresaria”.
NOVAS RELACIONADAS
- 23-02-2022: O comité de XEAL reclama ante a Xunta a reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas.
- 17-02-22: Os traballadores de XEAL volveron a concentrarse diante do Concello de Cee.
- 11-02-2022: A Xunta non mediará no conflito XEAL.
- Febreiro 22: Os traballadores de XEAL volveron ás mobilizacións, cada vez con máis motivos.
- Xaneiro 21: A CGT critica o despido dun traballador de XEAL só por defender no xuízo á compañeira vítima de abuso sexual.
- Xaneiro 22: O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual.
- Decembro 21: A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados.
- Decembro 21: XEAL rompe as negociacións e deixa sen convenio colectivo aos seus traballadores.
- Decembro 21: A CIG denuncia unha agresión contra o presidente do Comité de XEAL.
- Novembro 21: O Comité de XEAL apoia nos Xulgados á traballadora que sufríu acoso dun superior.
- Xullo 21: O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección.