Venres. 11.10.2024
El tiempo

Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións

A CGT denuncia novas represalias contra o traballador despedido por defender no xuízo á compañeira vítima de acoso sexual
Concentracion comite CIG XEAL no Xulgado
Concentración nos Xulgados da Coruña
Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións

3 concentracións propón xa o Comité de Empresa de XEAL, no marco dunha nova fornada de mobilizacións. I é que os traballadores de XEAL suman e suman motivos para manifestarse. O último o caso do compañeiro despedido por testificar a favor da traballadora vítima de acoso sexual na fábrica.

O Comité esixe que se adopten medidas contundentes contra o condenado, ao tempo que piden que se readmita inmediatamente ao despedido. E o volverán berrar nas 3 concentracións predispostas para os seguintes días:

  • Mércores 9 de febreiro, ás 17:15h na Fábrica de Brens.
  • Mércores 16 de febreiro, ás 17:30h diante do Concello de Cee.
  • Mércores 23, de 11:00 a 12:00h en San Caetano, na Xunta.

O 23 pediráselle tamén á Xunta que “deixe de ser cómplice destes ataques de XEAL, esixíndolle de inmediato o cumprimentos das cláusulas, e da sentenza do TXSG, e que proceda á reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas, ante a teima da empresa de desmantelar o complexo industrial e seguir recortando dereitos”.

A CGT reitera a súa denuncia pola represalia

Así mesmo, a sección sindical CGT volve denunciar “a existencia de novas represalias contra o compañeiro despedido inxustamente. O representante da CGT de XEAL, foi acusado a semana pasada por parte de dous directivos de XEAL, un deles o propio condenado por acoso sexual – Coordinador do Servicio de Prevención- , en relación a uns supostos feitos relacionados co tráfico vial”.

Dende a CGT “consideramos que se trata dunha manobra desesperada por parte do Coordinador do Servicio de Prevención de XEAL, para verter falsas acusacións sobre o representante da CGT coa única finalidade de intentar amedrentalo e desacreditalo en caso de que acuda como como testemuña no xuicio penal que está pendente de celebrarse en relación ao acoso sexual”.

Novas relacionadas

Comentarios