A CGT critica o despido dun traballador de XEAL só por defender no xuízo á compañeira vítima de abuso sexual

Seguen chegando reaccións trala sentenza condenatoria a un mando medio por acoso sexual a unha traballadora. Trala denuncia do Comité pedindo medidas contundentes contra o que é coordinador do servizo de prevención de Xeal, é agora a CGT a que pon fincapé no traballador despedido por defender no xuízo á compañeira.
O sindicato denuncia que o seu representante electo no Comité foi despedido por unha “represalia” da empresa,. Para a CGT “está claro que o compañeiro estaba no punto de mira da empresa desde que se denunciou a situación de acoso, e que esta aproveitou de modo vengativo a primeira circunstancia que atopou para desfacerse dun traballador non manipulable e que loita na defensa das mulleres”.
Por outro lado, denuncian que “a empresa retrátase ao non asumir a súa responsabilidade no caso de acoso e perseguir a quen manifestou a verdade diante dun xuíz en troques de defender ás traballadoras que sofren acoso”.
Así, a ”CGT non acepta esta decisión e loitará con todos os seus medios para conseguir a readmisión do compañeiro, para o que non renuncia a todo tipo de mobilizacións con todos aqueles que estean dispostos a pelexar contra inxustizas como estas”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 21: O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual.
- Decembro 21: A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados.
- Decembro 21: A CIG denuncia unha agresión contra o presidente do Comité de XEAL.
- Novembro 21: O Comité de XEAL apoia nos Xulgados á traballadora que sufríu acoso dun superior.
- Xullo 21: O suposto caso de acoso axita a concentración dos venres dos traballadores de XEAL.
- 09-07-21: O comité de XEAL denuncia na Inspección o proceder da empresa ante os casos de acoso laboral e sexual.
- Xullo 21: O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección.