Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados

IMG-20211223-WA0007
Concentración de onte
A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados

Non tardan en chegar consecuencias da agresión acontecida este sábado nas rúas de Cee ao presidente do Comité de Empresa de XEAL. A CIG, sindicato maioritario no comité, "pon en marcha todas as accións sindicais e xudiciais que sexan necesarias para esixir responsabilidades".

A CIG considera que "esta agresión non se pode entender fóra do conflito que se está a vivir en XEAL na defensa do convenio colectivo e dos dereitos laborais que a empresa quere suprimir". O Secretario Paulo Carril entende que se trata dun "Ataque á liberdade sindical". Ademais, a CIG esixe á empresa "unha condena dos feitos sen ningún tipo de cuestionamento nin ambigüidades por parte da empresa e das administracións; e que de inmediato se aparte dos centros de traballo ás persoas que participaron neste brutal ataque a un representante democraticamente elixido polos seus compañeiros e compañeiras para representalas".

Nova concentración

Esta tarde de mércores, ademais, os traballadores continunaron a súa serie de mobilizacións polo mantemento do convenio colectivo de empresa e na defensa dos dereitos conquistados polo persoal, ademais de esixir o mantemento da actividade e do emprego nas fábricas de Cee e Dumbría.

Nese senso, Carril deixa claro que "Non imos consentir nin calar ante estas actuacións delituosas. ", conclúe Carril.

Novas relacionadas

Comentarios