Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual

fabrica de xeal en Cee
O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual

Un responsable de seguridade e prevención de XEAL vén de ser condenado polo Xulgado do Social Nº2 de A Coruña, por acoso sexual a unha das traballadoras da empresa. A denuncia presentada polo Comité de XEAL tivo finalmente unha sentenza condenatoria para o avisado, polo que os membros do Comité de Empresa piden á dirección que adopten “medidas contundentes e inmediatas” contra el.

A sentenza condena ao traballador a abonar 8.000€ en concepto de indemnización por danos e perxuizos derivados pola “vulneración dos dereitos fundamentais á igualdade e integridade moral”.

Se ben a sentenza exime de responsabilidades á empresa (que realizou unha investigación interna concluíndo que só había “un conflito laboral de condutas inapropiadas” por un “trato altivo, chulesco ou prepotente”), o Comité considera que a empresa “ten unha obvia responsabilidade e debe deixar de amparar este tipo de comportamentos machistas”. Así, piden que se “despida a este mando adxunto a Dirección”, ao tempo que lembran a política de “atemorización” da empresa.

Lembran ademais que XEAL despediu a un membro do Comité de Empresa 8 días despois de que fose a testificar a favor da traballadora acosada. Polo que piden que o readmitan de forma urxente. O Comité considra que “esta medida, ademais de ilegal e que xa foi denunciada, é unha clara represalia polo seu papel como testemuña na vista”.

Novas relacionadas

Comentarios