![Nos carnavais do 2015, Tráfico fixo máis de 5.700 controis de alcoholemia en toda a provincia]()
Nos carnavais do 2015, Tráfico fixo máis de 5.700 controis de alcoholemia en toda a provincia
Os axentes da Garda Civil de Tráfico increntarán os
controis de alcoholemia e drogas nas estradas da Costa da Morte e de toda a provincia durante as festas do Entroido.
Segundo indica a Dirección Xeral de Tráfico - DXT - os controis realizanse tanto en forma "macro-control" nun determinado punto da vía e prolongados durante certo tempo, como controis express nun corto espazo de tempo, variando constantemente de ubicación. Estes controis faranse tanto en vías principais como en secundarias.
O obxectivo é evitar que as persoas que consumiron sustancias que afectan negativamente ás súas capacidades para a conducción se poñan ao volante dos coches co risco que supón non solo para a súa integridade física, se non tamén a de terceiros que interactúan na circulación - ocupantes do propio vehículo e outros usuarios da vía -.
A sanción por conducir con drogas ou alcohol no organismo pode chegar a ser de
1.000€, pérdida de
6 puntos no carnet e podería constituir un delito contra a seguridade vial, o que conleva penas de prisión de tres a seis mees, multa de seis a doce meses e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a uno e ata catro anos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- DXT