luns. 04.05.2026
El tiempo

Preferente: O Dumbría salva outro matchball

DUmbria CF na Preferente
O Dumbría CF agárrase á Preferente
Preferente: O Dumbría salva outro matchball

Vitoria fundamental do Dumbría ante a visita do Órdenes este domingo. I é que de ter caído estaría en postos de descenso coa auga ao pescozo, pero agora o equipo de Pablo Conde está con 2 puntos de marxe cando quedan dúas xornadas, dous duelos directos, en Ribeira, ante un cadro barbanzano que chega 4 puntos abaixo, e ante o Sigüeiro, hoxe empatado a puntos cos dumbrieses.

Por arriba, o Sofán non devolveu favor aos dumbrieses e caeu ante o Burela, que apreta a posición de descenso, esquecendo ademais as opcións de promoción.

Dumbría - Órdenes (1-0)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Breixo, Aarón, Sergio, Mario, Toni, Lucas Toba, Iago, Marcote e Javito. Tamén: Isma, Mataso, Pablo Costa Ramos, Adrián Periscal, Diego Estévez e Jano.
  • Gol: 1-0, m.42: Javito.

Volveu competir ben o Dumbría, que saíu con todo ao comezo, facendo unha boa primeira metade, culminada por unha boa xogada colectiva que finalizada Javi Souto.

Apretou o Órdenes na segunda, un equipo en zona de promoción de ascenso, e se ben os de Pablo Conde tiveron algunha contra para finiquitar o partido, tamén Anxo tivo que empregarse a fondo cun par de grandes paradas para manter a portería a 0 e sumar 3 puntos vitais.

Burela - Sofán (2-1)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani, Alex Sánchez, Braian, Izan, Dani Pena, Pablo Parafita, Iván Parafita, Marcos e Julián. Tamén: Diego, Becerra, Alexandre, Iván Pardo, Fabián e Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.30: Jairo; 2-0, m.34: Fran do Canto 2-1, m.88: Becerra.

Primeira parte dominada polo Sofán con balón pero sen ritmo, tendo así e todo tres ocasións para adiantarse os de Pablo Torreira, nun balón ao pau de Fita e dúas boas intervencións do porteiro. Pero dous erros defensivos, un nun centro lateral e outro nun saque de porta, permitiron aos locais colocarse 2-0 nos dous únicos achegamentos do cadro local na primeira metade.

A segunda foi de auténtico asedio carballés, co porteiro como gran protagonista do choque. Só contra o final Becerra conseguía rompero o telón de aceiro, pero non foi suficiente para acadar polo menos un empate.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios