Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un setembro a medias no sector hostaleiro da Costa da Morte

Un setembro a medias no sector hostaleiro da Costa da Morte

As cifras de ocupación nos establecimentos hostaleiros na Costa da Morte durante este mes de setembro do 2011 son moi similares as de setembro do pasado ano. Así, a ocupación media do pasado mes foi dun 55% para os hoteis, dous puntos mais que o ano pasado, e dun 37% para os establecementos de turismo rural.

Os que non amosan fraqueza son os albergues de peregrinos. Este setembro chegaron milleiros de peregrinos á zona. Moitos tiveron que buscarse un establecimento por mor do peche dos albergues de Fisterra e Corcubión por culpa dos chinches.

En canto ao turismo rural as diferenzas entre establecementos son moi notorias, con algún establecemento que apenas acada o 10% e outros que roldan o 90%. Este dato permite destacar que os que traballan a comercialización obteñen mellores resultados en épocas non altas.
A pesares disto, a maioría coinciden en sinalar que a primeira quincena foi mellor que a segunda e que o bo tempo contribuíu a mellorar un pouco as previsións.

Previsión

De cara ao mes de outubro algúns establecementos xa contan con reservas, sobre todo para as fins de semana, aínda que non se espera que as cifras de ocupación sexan moi positivas.

A publicación dos datos de ocupación é posible grazas a colaboración desinteresada dos socios da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios