Un Xantar Solidario no EFA Fonteboa para axudar a formación rural en África e Sudamérica
Tremendamente positivas son estas citas gastro-solidarias. Así o comprobamos a pasada fin de semana na cea benéfica cos Refuxiados Sirios da SD Sofán e a Cruz Vermella Carballo.
Desta volta, é o activo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa o que artella o seu III Xantar Solidario previsto para o sábado 28 de novembro. Ademais da colaboración con Cáritas, o centro coristanqués pretende axudar a algún dos proxectos de formación impulsados pola AIMFR (Asociation Internacionale de Maison Familiales Rurales) en países de Africa e Sudamérica.
O programa arrincará ás 13:00h coa presentación de José Gómez do proxexto Sabor Emprendedor. De seguido, Gabriel Tirapi falará da labor social dos centros EFA no mundo. Intesante será a proxección "O Valor do local", e clausurará, antes do xantar, o responsable de Cáritas Bergantiños, Francisco Suárez.
E como reiteramos unha e outra vez: Como é posible que non haia máis centros coma estes, especializados na educación rural, na Costa da Morte?
Novas relacionadas
- Cando o fútbol se volca ca solidariedade.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).