Unha de motivación para pechar o ciclo de Charlas de Santa Comba


O Ciclo de Charlas " Xuventude, ocio e saúde" chega ó seu fin este xoves 5 de Decembro ás 21h no Multiusos de Santa Comba. E tras varias interesantes citas, chega con outro prato forte: As Motivacións.
O prestixioso Psicólogo da Unidade de Psicoloxia e Coaching Deportivo, .Rubén Dominguez dirixirá unha interesante charla " As Motivacións: do deporte á vida cotiá", abarcando un tema que a todo o mundo lle pode abrir novos horizontes.
Completo ciclo
O Ciclo de Charlas que organizou a Concelleria de Xuventude de Santa Comba en colaboración co Balonmán Xallas, que abarcou temas relacionados coa alimentación e nutrición, os trastornos alimentarios; os comportamentos dos xóvenes deportistas e o seu entorno relacionándooas coa vida diaria nesta conferencia a un aspecto fundamental na vida dos mozos, deportistas ou non.
As motivacións, que a través da relevante Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo Libredon,cuio psicólogo- Coordinador Rubén Domínguez será o ponente, achegará ó Multiusos xalleiro a súa experiencia desde deportistas profesionais ata xóven es, relaciaonándoa coas experiencias cotidianas.
A calidade dos ponentes de todo o ciclo, incluida a desta última ponencia, unida á utilidade de cada conferencia, fan que a organización se mostre moi satisfeita por esta primeira experiencia dun ciclo desta natureza, e espera repetir a experiencia no futuro.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.