martes. 12.11.2024
El tiempo

Unha nova balea varada na area de Balarés

Unha nova balea varada na area de Balarés
Balea común varada en Balares (Foto Ges Ponteceso) Esta noite aparecía unha nova balea morta na Costa da Morte, nesta ocasión en Balarés, Ponteceso. Desta volta non houbo agonía e o exemplar (un macho adulto de 18 metros) aparecía varado e morto. “Esta é a sexta balea (4 adultos e 2 cachorros) aparecidas en Galicia en menos dun mes, ás que habería que sumar outro cachorro aparecido en Portugal no mesmo periodo”, sinalan dende a CEMMA, estranados polo suceso. O Concello está intentando realizar a retirada deste exemplar de 15 toneladas.
Balea comun varada en Balares- Fotos: GES Ponteceso

Comentarios