Unha nova Central de Reservas online para a Costa da Morte
09:07 21/12/10
Hotelescostadamorte.com é a nova Central de Reservas Online da Costa da Morte. Con máis de 15 anos no sector turístico promocionando e vendendo o destino Costa da Morte, os irmáns Alberto e Daniel Caramés decidiron aplicar todos os seus coñecementos e experiencia no Turismo e Internet para crear este site, onde se pode reservar online a maior selección de aloxamentos da Costa da Morte.
Vén sendo este unha nova demostración do camiño que debe seguir o sector turístico da bisbarra, adestrándose de cheo na rede.
Xa poden consultar en www.hotelescostadamorte.com.
En xaneiro en marca
A Central de Reservas estará en funcionamento en breve e xa se poderá reservar online o teu aloxamento en dous minutos e pagar directamente á túa chegada ao hotel. Así de sinxelo, así de seguro e así de fácil. A web compleméntase con extensas guías de cada unha das poboacións, para axudar ao turista a coñecer de primeira man todas as marabillas desta máxica terra.Novas relacionadas
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- En marcha a central de reservas online da Costa da Morte de APTCM.
- A APTCM irá á conquista de España e Europa cun plan para incrementar o turismo.
- 3 empresas da Costa da Morte exportan saber TIC por Galicia
- TurisTic Cee: O sector turístico aprende a pescar na rede.