Venres. 29.03.2024
El tiempo

Verbena de San Ramón, mercados históricos e Comarea na última #AxendaCostadaMorte de agosto

Cometas no Festival Comarea
As Cometas serán protagonistas no Festival Comarea a praia dos Muíños
Verbena de San Ramón, mercados históricos e Comarea na última #AxendaCostadaMorte de agosto

Última fin de semana de agosto e a #AxendaCostadaMorte segue completiña. Temos unha axenda ben variada, con verbena, música, teatro na rúa, mercadillos históricos…

O Festival

Sen dúbida, a cita máis importante da fin de semana é o Comarea Experience. A Praia da Cruz será o centro de operacións deste festival de música electrónica e urbana, pero xa hai numerosas actividades por todas partes da vila da Barca, como a fermosa exhibición de cometas xigantes que estará na praia dos Muíños sábado e domingo.

Citas históricas

Chega a Moraime o Mercado e Xantar do Infante Afonso, unha cita histórica que nos trasladará séculos atrás con postos de gastronomía, teatro, música… As actividades comezan o sábado, haberá concerto ás 19:00 e a comido do Infante será o domingo.

Mentres, as Torres do Allo celebran o Mercado de San Ramón, unha cita máis tradicional con produtos artesanais da comarca na contorna do pazo.

Festas de San Ramón

Venres e sábado copan as citas verbeneiras co San Ramón, tendo a churrascada como pistoletazo de saída na maioría das festas.

Outras citas singulares

EXPOSICIÓNS

  • Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
  • Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios