Verbena de San Ramón, mercados históricos e Comarea na última #AxendaCostadaMorte de agosto
Última fin de semana de agosto e a #AxendaCostadaMorte segue completiña. Temos unha axenda ben variada, con verbena, música, teatro na rúa, mercadillos históricos…
O Festival
Sen dúbida, a cita máis importante da fin de semana é o Comarea Experience. A Praia da Cruz será o centro de operacións deste festival de música electrónica e urbana, pero xa hai numerosas actividades por todas partes da vila da Barca, como a fermosa exhibición de cometas xigantes que estará na praia dos Muíños sábado e domingo.
Citas históricas
Chega a Moraime o Mercado e Xantar do Infante Afonso, unha cita histórica que nos trasladará séculos atrás con postos de gastronomía, teatro, música… As actividades comezan o sábado, haberá concerto ás 19:00 e a comido do Infante será o domingo.
Mentres, as Torres do Allo celebran o Mercado de San Ramón, unha cita máis tradicional con produtos artesanais da comarca na contorna do pazo.
Festas de San Ramón
Venres e sábado copan as citas verbeneiras co San Ramón, tendo a churrascada como pistoletazo de saída na maioría das festas.
- Por exemplo, nas Festas de San Ramón de Castromil-Salto, Vimianzo.
- Ou nas Festas de San Ramón de O Esto, en Cabana, con verbena ata o domingo.
- Por Muros, as Festas de San Ramón de Serres teñen dous días de troula e un pasarrúas de primeira.
- Non fallan as de Santa Comba, coas Festas de San Ramón de Ser, tamén para as noites de venres e sábado.
- As Festas de San Ramón de Camariñas celébranse durante todo o sábado.
- Por Baíñas prefiren celebrar o San Antolín e o Carme, e de venres a domingo haberá verbena a barrer.
- Outra das citas festexeiras, será na Romería das Neves de Buxantes, en Dumbría, durante a tarde noite do sábado.
- O venres celébrase a última verbena do ano en Laxe, coas Festas de Santa Rosa.
Outras citas singulares
- Na tarde de venres será a última casión de disfrutar da Semana de animación na rúa no Verán Cultural de Cee, coa actuación de OH!LIMPIADAS, da compañía Sincronacidas.
- Para a noite do venres, unha das últimas citas coas Noites da Vila de Malpica, co concerto de TraskiBand.
- Tamén o venres o ciclo Cine de verán na rúa de Fisterra volve á Praza da Constitución con Hotel Transilvania.
- Esta é a última fin de semana para disfrutar da singular exposición da Casa das Peritas, en Mallas, Fisterra. Espéranvos o sábado de 12:00h a 15:00h cun vermú.
- A tarde do sábado pode ser ideal para disfrutar dun contacontos en familia no Castelo de Vimianzo.
- Malpica mantén a actividade no paseo marítimo o sábado co retorno do Retablo dos Fantoches.
- O Semáforo de Fisterra acolle un fermoso concerto na tarde sabatina.
- A V Classic Laxe chega o domingo a vila bergantiñá, e fará ruta ata as Torres do Allo, con vehículos de máis de 30 anos.
EXPOSICIÓNS
- Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
- O Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
- A Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
- A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
- As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
- O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30. - Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.