"Xerencia escoita, limpeza está en loita"
- "Igual traballo, igual salario". "A solución, a equiparacion".
Estas son algunhas das premisas que, cada mércores dende o mes de xullo, de 10:00h a 10:15h, o colectivo de traballadores/as do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, berra ás portas do centro. Berra e pita, mentres os pacientes pasan coa cabeza baixa sen saber moi ben a situación. Unhas mobilizacións que perseguen a reivindicación do seu dereito á equiparación laboral co persoal do Grupo E do SERGAS a través da sinatura dun convenio de centro como no resto dos hospitais galegos.
Unhas mobilizacións que non quedan na bisbarra ademais, se non que en Santiago, os Traballadores/as de Limpeza dos hospitais da capital tamén comezaron hoxe coas mobilizacións ante o retroceso das súas condicións de traballo.
A problemática chega polos plegos de contratación coa empresa concesionaria para o servizo de limpeza. Ademais, a Xunta realizou este curso un recorte de 700.000€ para estas partidas.
Negativa a negociar
Denuncian dende os sindicatos CIG, CCOO e UGT, que a empresa concesionaria, LIMPISA, emais a Xerencia, "negáronse a abrir unha mesa de negociación e mesmo a reunirse coa representación legal das traballadoras e traballadores despois incumplir os compromisos adquiridos". Aseguran dende a representación sindical, que enviaron "novamente, o pasado 13 de setembro un escrito solicitando unha reunión conxunta coa Xerencia e Dirección co fin de buscar unha solución satisfactoria para as partes e desbloquear o conflito da que non temos concreción algunha".
Asemblea
O Colectivo, na asemblea celebrada hoxe mércores 5 de outubro, acordou por unanimidade seguir coas mobilizacións semanais e iniciar un calendario de paros de dous días a semana durante todo o mes de novembro para reivindicar o seu dereito á equiparación laboral co persoal do Grupo E do SERGAS a través da sinatura dun convenio de centro como no resto dos hospitais galegos.
Aasemblea acordou reiterar a petición desta reunión conxunta para desbloquear o conflicto e enviar un escrito o SERGAS co fin de mediar entre empresa, centro hospitalario e representación dos traballadores.
Novas relacionadas
- 30-05-11: A CIG pide a equiparación salarial dos traballadores da empresa de limpeza do HVdX cos do SERGAS.
- O HVdX reduciu as listas de espera á metade para intervencións cirúrxicas.
- Seguemento dispar da folga entre os mestres da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).