Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Xornadas informativas sobre subvencións da Deputación

Xornadas informativas sobre subvencións da Deputación
A Deputación comeza unha serie de Charlas para informar sobre as súas subvencións

Este mes de novembro a Deputación abre un programa de charlas polos Concellos para informar sobre as subvencións. E varias desas charlas serán na nosa bisbarra. Unhas charlas que teñen como obxectivo informar das novidades nas bases, dos prazos de solicitude e a presentación de certificados, así como do funcionamento do proceso telemático a través da web dicoruna.es. Polo tanto, tanto traballadores dos concellos, como membros de asociacións e outras entidades serán o público obxectivo.

O luns 18 de novembro o Fórum Carballo acollerá a charla dirixida aos concellos de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.

O concello de Cee, o venres 22 de novembro, tamén acollerá as charlas na sala de pleno da Casa Consistorial dirixidas aos municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Muxía, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Zas.

A Casa da Cultura de Outes acolle a sesión o venres 29 de novembro, tamén ás 20:00h, á que poderán achegarse as xentes dos concellos de Mazaricos e Muros.

Charla dos empresarios

Empresarios de Carballo e Bergondo nunhas xornadas da Camara de Comercio

E aproveitamos para recordar a interesante charla empresarial que tivo lugar o pasado xoves 31 de outubro no viveiro de empresas que a Cámara de Comercio de A Coruña ten en Carballo. Uns 30 empresarios dos polígonos de Bértoa e Bergondo, presentaron as súas ofertas e intercambiaron información para identificar oportunidades de negocio entre elas.

Son estas tamén formas de dinamización empresarial.

Novas relacionadas

Comentarios