Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Unha de didáctica empresarial para novos emprendedores dende O Couto

Unha de didáctica empresarial para novos emprendedores dende O Couto

Falamos o luns do enorme traballo de canteira que fan dende o Couto, co gallo das Xornadas de Emprendedurismo Xuvenil que artellou a Fundación Eduardo Pondal. Unhas xornadas que serviron para comprobar o potencial creativo das novas xeracións de toda a zona, dende a comarca de Fisterra ata a de Bergantiños pasando polas terras de Soneira.

Se ben intentaremos traer algunhas das ponencias máis interesantes, hoxe traemos o pequeno vídeo que nos brinda David Lourido, colaborador desta casa dende a súa Páxina 81 cun resumo de varias das experiencias: a historia Borja Santiago co seu Proxecto Cultural e Educativo; a didáctica empresarial de Jan Lamas; a simpatía de Touriñán explicando como naceu a produtora Aira Pro.

Didáctica empresarial

an-Lamas-explicando-a-sua-experiencia-empresarial-nas-Xornadas-de-Emprededurismo-Xuvenil-do-Couto

Precisamente aproveitamos o vídeo para explicar a interesantísima exlicación de Jan Lamas, que partíu da experiencia a través da súa empresa Sixtema para trasladarlla aos menos experimentados. Uns deses 5 minutos que normalmente nunca se escoitan nas universidades, e que refrenda a necesidade de acodir á formación non reglada para seguir formándose.

Jan partiu da premisa de fixarse nun modelo accesible, de ter miras accesibles, de non esperar convertirse na persoa máis rica do mundo. A partir de aí, a base dunha continua formación, cómpre rodearse dun equipo cheo de talento e botarse a aprender. A aprender dos erros, "aprendizaxe a base de paus".

A adaptación do talento e a cordinación son básicos. E aí chega un dos puntos primordias: conseguir diferenciarse, facendo un produto concreto ou un paquete de servizos. "Ás veces pensamos que temos que inventar a roda, e o único que temos que facer é facela rodar".

Recordou os erros máis típicos no devir interno dunha empresa. Precisamente cando ese devir do día a día te come, ese é un problema. "Hai que parar de cando en vez e mirar a medio-longo prazo". Puxo exemplo da casa, de como a empresa nacía con dous bos clientes, pero que nun punto decatáronse da total dependencia deses dous clientes puntuais. "E se de repente marchan?", preguntáronse.

Cómpre buscar saídas, alternativas. E para iso é necesario un plan de visibilización, un plan comercial. Máis alá que por métodos de márketin, ou publicidade, que dependendo do sector poden ser máis ou menos útiles, Jan explicou que Sixtema tirou pola vía do asociacionismo. Fixéronse socios dunha das asociacións do sector das NNTT, empezaron a coñecer xente e, sobre todo, moita xente empezou a coñecelos e a saber que é o que facían.
Aí tamén cómpre mirarse para dentro, e aprender a venderse, a deixar de estar sempre pechado nun mesmo e abrirse, e contar o que fas. E buscar apoios, básico taén para seguir crecendo

Tivo palabras para o sempre manido tema moi manido neste país. Jan teno claro: "as subvencións son un medio, nunca poden convertirse no fin dunha empresa".

Novas relacionadas

Fonte

QPC no Couto en video

Comentarios