Venres. 28.01.2022
El tiempo

Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa

Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa

Gastronomía e natureza. Eses son os puntos fortes da Costa. Así os están descubrindo un grupo de xornalistas especializados en viaxes e gastronomía, que pasan 4 días na nosa bisbarra a través da iniciativa Fam Press. Esta proposta de achegar á prensa especializada á Costa está sendo organizada pola APTCM en colaboración coa Deputación da Coruña e a Revista Hostelería Galega e Turismo.

Coidándoos están estes días as resposables da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, Anabel Piñeiro e Tania Carreira. Elas mesmas nos contan como de momento non comentar nada malo da nosa bisbarra, nin sequera das estradas e iso que levan percorridos moitos quilómetros. Pero o que si destacaron son, como non, a comida e as paisaxes. Con todo, cun dos detalles dos que quedaron prendados, foi ese bater das olas contra nas pedras das Virxe da Barca.

Xornadas por Bergantiños

Esta pasada noite pernoctaron no Hotel Rústico A Torre de Laxe, onde foron coidados de marabilla por Carmen Pose; e mais no Hotel Monte Blanco de Cabana, onde Evaristo fixo de auténtico anfitrión. Pero antes visitaron da man de Lito Eiroa, técnico de turismo do concello, o Castro Borneiro. E iso que chegaban algo resacosos trala boa noite pasada.
Os xornalistas grabaron unha reportaxe interesándose particularmente polo mundo castrexo e pola súa comida. De feito, Eiroa fixo fincapé nunha das partes do castro que ás veces non se valora como é debido: o concheiro, basureiro de conchas de mariscos que se dá só nos castros de costa. Ademais, os xornalistas fixeron unha curiosa comparación coas pallozas da zona do Bierzo, moi ben explotadas cultural e economicamente.

Tiveron tamén tamén para coñecer as terras de Fisterra. Ademais de disfrutar do pulpo con algas do Recreo, en Cee, subiron ata o lente do Faro de Fisterra; comeron no Fragón e no Tira do Cordel. Intentaron ver a poxa da lonxa fisterrá, pero o tempo non o permitiu e quedaron Castelo de San Carlos. De aí foron ata Muxía para saborear a vila da Barca, onde tapearon nas 5 casas rurais da Asociación Muxía Turismo Natural.

Máis visitas

Esta mañá de xoves veñen de visitar o secadoiro de congro (baleiro nesta época do ano), e o Santuario e as pedras da Virxe da Barca. Tocou vista ao Castelo de Vimianzo e ao seu museo de artesanía en vivo. Xantar no Resturante As Garzas e visita ao Forno do Forte, un dos tesouros oleiros de Buño. Ademais, os xornalistas queren achegarse ata Cambre, para visitar a planta de produción de algas de Portomuíños, que ten moitos cultivos nas augas da nosa bisbarra.

Hoxe rematarán en Carballo, ceando no Mar de Ardora. Mañá xa marchan un grupo e outro quedará para intentar ir ata Corme e ver de primeira man os mellores percebes do mundo, os do Roncudo.

A Costa na prensa

Moi variados e de moitos puntos da xeografía peninsular son os xornalistas especializados. Revistas como a do "Club de Gourmets", "Viajar", "Deia" ou "Canal Cocina", dominicais do Diario de Las Palmas ou do "Público", incluirán reportaxes sobre os nosos tesouros nos vindeiros días.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos de APTCM.

comentarios