xoves. 23.01.2025
El tiempo

Xosé Manuel Pose ponse á fronte do Consello Comarcal do BNG de Bergantiños

FOTO MITIN BNG LAXE
Xosé Manuel Pose con Xosé Regueira e Ana Miranda nun mitin da pasada campaña
Xosé Manuel Pose ponse á fronte do Consello Comarcal do BNG de Bergantiños

Igual que fixo o Consello comarcal da zona sur da Costa da Morte, o Consello Comarcal do BNG de Bergantiños vén de renovar a súa directiva. 

Xosé Manuel Pose Lema é o novo responsable comarcal do BNG de Bergantiños. O portavoz do grupo municipal de Laxe substitúe a Marcos Trigo Facal, que ocupaba o cargo desde decembro do 2021. 

O proceso de renovación do consello comarcal esténdese a outros postos da candidatura aprobada por unanimidade na asemblea comarcal, cuxa composición é a seguinte:

  • 1. Xosé Manuel Pose Lema (Laxe), responsable comarcal 
  • 2. Maruxa Suárez Cotelo (Carballo), vicerresponsable comarcal
  • 3. Xoán Manuel Sande Muñiz (A Laracha), responsable de organización
  • 4. Benedicto Viña Costa (Carballo), responsable de finanzas
  • 5. Fátima A. Rodríguez Gonzálvez (Ponteceso)
  • 6. Mª Cristina Vázquez del Prisco (Laxe)
  • 7. Tatiana Rellán Castro (Cabana)
  • 8. Carolina Castiñeiras Brandón (A Laracha)
  • 9. Miguel A. Varela Varela (Malpica)
  • 10. Henrique Xosé Serra Cobas (Coristanco)
  • 11. Evencio Ferrero Rodríguez (Carballo)
  • 12. Daniel Pérez López (Carballo)
  • 13. Alberto Liñares Lamas (Carballo)
  • 14. Manuel Pose Varela (Cabana)
  • 15. María Vitureira Facal (Ponteceso)
  • 16. Milagros Lantes Seara (Carballo)
  • 17. Miguel Platas Rodríguez (Malpica)
  • 18. Mª Isabel Fraga Cotelo (A Laracha) 
  • 19. Xosé Antonio Andrade Figueiras (Coristanco)

Xosé Manuel Pose e Maruxa Suárez serán tamén as persoas que representarán á comarca de Bergantiños no Consello Nacional. 

O novo responsable comarcal agradeceu o traballo do seu antecesor e destacou a importancia de seguir traballando e reforzando a organización “como primeiro paso para agrandar a base do nacionalismo e contribuír desde Bergantiños ao cambio político que Galiza necesita para seguir avanzando”. 

Comentarios