A Xunta amplía os horarios para o ocio nocturno (en tempos de normalidade)
Hai apenas 2 anos facíamos unha serie de reportaxes especiais sobre a Lei de Espectáculos Públicos.
De feito, en plena desescalada nos formulábamos a pregunta se a normativa podería servir de referencia para controlar os aforos en calquera tipo de eventos.
Pero todo vén de ser modificado pola Nova Lei de Horarios de Establecimentos Públicos, Espectáculos e Actividades Recreativas, que vén de ser publicada no DOG nº219 do venres 20 de outubro de 2020, e que entrará en vigor en 20 días. Unha orde que regulará o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
En todo caso, cómpre sinalar que falamos en situación de normalidade. Evidentemente o Estado de Alarma e as medidas de restrición están por riba desta orde.
Hoxe, gracias a un completísimo informe realizado pola OMIC-Oficina de Consumo, Eventos e Certámenes de Santa Comba e a Policía Local, analizamos os casos máis singulares para a nosa bisbarra, deixando un par de ideas fundamentais: amplíase o horario para o ocio nocturno, e a Xunta deixa máis responsabilidade nos Concellos para determinar posibles ampliacións de horario en datas específicas, previa petición dos organizadores.
Resume das novidades máis importantes
- Actualízanse os horarios de casi todas as categorías. Practicamente todas en ampliación.
- Establecementos e actividades afectadas: Os horarios afectan a establecementos abertos ao público e actividades recreativas, e aclarase, ao igual que na lei espectáculos públicos e actividades recreativas, que, ademais das instalacións permanentes tamén se aplicará as instalaciones eventuales, portátiles ou desmontables, un detalle que non figuraba na anterior normativa.
- Ampliacións de horario en fins de semana e festivos (máximo 30 minutos). Mantense a ampliación automática en 30 minutos, pero elimínase a noite que vai do xoves ao venres. Polo tanto afectará as noites que van de venres a sábado, de sábado a domingo e de domingo a luns, así como as noites anteriores aos festivos e a do festivo.
- Ampliación de horario en datas especiais (máximo 2 horas). As ampliacións de horario en días especiais pasan dunha hora ata un máximo de dúas horas. Sólo poderán sobrepasar as dúas horas, e sin ningún límite, museos, bibliotecas, establecementos deportivos e actividades deportivas, de xeito motivado, cando concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas.
- Cales son as datas e períodos especiais (máximo 2 horas). Antes establecíanse como supostos fixos para poder ampliar o horario as festas locais, patronais, do Nadal e verbenas populares. Ahora, ademais de incluir a maiores o entroido, especifica os períodos de cada un. Así enténdese como Entroido o período comprendido entre o Xoves de Entroido e o Mércores de Cinza, ambos incluídos, por Semana Santa o período comprendido entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, ambos incluídos, e por Nadal o período comprendido entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos. Ademais das festas patronais e populares.
- Espectáculos públicos musicais (máximo 2 horas): Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais. Antes sólo se facía referencia a un suposto de “cando o requira a duración do espectáculo”. Agora elimínase esa denominación e limítase a matizar “espectáculos públicos musicais”.
- Establecementos deportivos e actividades deportivas (máis de 2 horas sin límite): Na anterior normativa non se facía referencia algunha a este suposto. Ahora indícase que “os concellos poderán autorizar, logo da petición dos organismos ou entidades titulares da actividade, a ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos para actividades deportivas en máis de 2 horas, cando concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas”. É especialmente significativo este suposto porque toda a normativa para calquer suposto fala dunha ampliación máxima de dúas horas, mentras que neste suposto de establecementos deportivos é excepcional ao permitir máis de dúas horas por circunstancias acreditadas.
- Vías públicas usadas para probas deportivas (igual que establecementos e actividades): Co horario e ampliación que lle corresponda no apartado de actividades deportivas, dado que, na nova norma elimínase a limitación que había na antiga, de máximo ata a 1:00 horas as “vías públicas usadas para probas deportivas”.
- Concellos turísticos: A antiga normativa especificaba que nas localidades turísticas (sen concretar que era unha localidade turística), a Xunta de Galicia, podía ampliar o horario, durante o período de maior afluencia, e sempre e cando non se alterase a normal convivencia da poboación. Na nova normativa, ademais de especificarse o que é unha localidade turística (as que teñan obtido a declaración de zona de grande afluencia turística), liga a ampliación destos horarios a normativa de comercio interior de Galicia e dalle a potestade aos concellos de autorizalo, sempre con petición das persoas titulares dos establecementos e resolvendo a petición de xeito motivado, facendo constar de forma expresa o período de vixencia da ampliación acordada.
- Réximen especial para actividades de restauración en instalacións específicas: Créase un novo horario especial para determinadas actividades de restauración ubicadas en instalacións especiais como centros sanitarios, tanatorios, polígonos industriais, establecementos deportivos, áreas de servizo de estrada, aeroportos, portos, estacións de ferrocarril ou estacións de autobuses. Nestes casos o horario será o propio da instalación en que se ubiquen, con servizos destinados a satisfacer as necesidades das persoas profesionais e usuarias do establecemento específico e ofrecendo exclusivamente bebidas e alimentos para o consumo inmediato, sen que, en ningún caso, poidan dispoñer de espazos específicos para a celebración de bailes ou medios de reproducción de música de ningún tipo.
- Outros períodos: Tamén se cambiou o concepto de ampliación, de que, o director xeral podía autorizar ampliacións por circunstancias excepcionais acreditadas, polo de, os concellos establecerán o número máximo de días naturais ao ano en que poderán ampliar os horarios.
- Que autoriza as ampliacións. Xa non é a Xunta de Galicia. Toda a competencia é municipal (“mediantea cordo do órgano competente”).
- Ámbito territorial. Pode ampliarse para todo o termo municipal ou para zonas concretas deste. Na anterior normativa non existía esta matización. Inclúe tamén outra matización “para establecementos...finalización dos espectáculos públicos e....actividades recreativas”.
- Tramo horario entre peche e apertura (4 horas). O tramo horario mínimo de peche entre o peche e a apertura dos locais pasa de dúas horas a catro. Para os locais que antes non podían abrir antes das 10 da mañan ahora non poderán abrir antes da 12:00 horas. Neste grupo inclúense os establecementos considerados como “de ocio e entretemento”, nun catalágo que cambiou, e que, agora inclue salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo e furanchos. Agora matiza tamén que, para o cálculo de apertura e peche tománse en consideración o momento a partir do cal se permitirá o acceso ás persoas usuarias do establecemento, asistentes ao espectáculo público ou actividade recreativa e a hora de desaloxo (non a de peche básico ou con ampliación). E si non é posible compatibilizar o peche e a apertura seguinte, o establecemento deberá, en todo caso, atrasar o horario xeral de apertura que lle corresponda durante o tempo necesario para que transcorra un período mínimo de 4 horas.
- Reducións de horarios: Antes non existía este suposto. Agora todos os horarios xerais podense reducir en dúas horas para todo o termo municipal, ou para zonas concretas deste, en zonas de alta concentración de espectáculos ou establecementos, zonas calificadas e delimitadas como residenciais, ambientais protexidas ou saturadas cando a actividade que neles se desenvolva impida o dereito ao descanso da veciñanza. Tamén é unha competencia municipal a súa autorización.
- Desaloxo: Antes establecíase en 30 minutos sobre un horario específico para todos os locais sin distinción, e agora o tempo para desaloxar vai en base ao aforo do local. O básico é de 30 minutos ata 500 personas (o maioritario para a práctica totalidade dos locais), aumenta ata 45 minutos para locais con aforo desde 501 ata 2.999 persoas, e unha hora desde 3.000 persoas ou máis (aquí poderían encaixarse as festas o aire libre e sin delimitación). Respecto o concepto de desaloxo antes pouco máis indicaba sobre a música, a bebida e as luces. Agora é con todo absolutamente parado, algo que antes non se indicaba co detalle que se fai agora. Ata fai referencia aos rótulos luminosos ou ao funcionamento de diferentes aparellos, ambientación musical, as máquinas e demais aparellos de xogo, vídeo ou semellantes, os sinais luminosos localizados no exterior do establecemento ou do espectáculo público ou actividade recreativa e incluso a como deben estar as portas (“expeditas e abertas”), supostamente para evitar persianas a medio baixar sin poder observarse o que sucede no interior.
Horarios
Novidades na nova Lei
- Na sección de espectáculos públicos inclúense dúas novas categorías que non existían. A de
- Na sección de actividades recreativas a novidade máis destacada é a da ampliación en media hora das festas e verbenas populares, pasando das 3:30 horas ás 4:00 horas. Si se desenvolve en fin de semana, festivos ou vísperas destes a ampliación automática é ata as 4:30 horas. Si o concello emite unha autorización específica para festas patronais e populares, poden desenvolverse ata as 6:30 horas da madrugada. En todos os casos cunha hora máis de desaloxo nas cirscuntancias descritas na orden e aplicándolle o baremo de aforo posible por enriba das 3.000 persoas, que é o habitual. Polo demais é unha categoría prácticamente nova, donde se pasa de conceptos máis concretos e específicos, a outros cunha denominación máis aberta. Así desaparecen categorías como solta de novelos, carrilanas, zoolóxicos, acuarios, recintos de exhibición cabalar e outras especies. Descatar tamén, ao igual que noutras seccións horarias, a categoría de espectáculos e actividades deportivas, que si ben ten un horario máximo ata ás 5:00 horas, é realmente unha das excepcións, xunto con museos e bibliotecas, donde os concellos poden autorizar ampliacións de horario por enriba das dúas horas, de xeito motivado, cando concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas. A este respecto tamén desaparece a categoría de “vías públicas usadas para probas deportivas” que tiña un horario máximo máximo ata 1:00 horas.
- Na sección de establecementos de espectáculos públicos amplíaselle o horario nunha hora, pasando da 1:00 horas da madrugada as 2:00 da madrugada. (Aínda que, como se ven dicindo, ao igual que noutras seccións horarias, a categoría de espectáculos e actividades deportivas, que si ben ten un horario máximo ata ás 5:00 horas, é realmente unha das excepcións, xunto con museos e bibliotecas, onde os concellos poden autorizar ampliacións de horario por enriba das dúas horas, de xeito motivado, cando concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas).
- Na sección de establecementos de actividades deportivas dáselle unha hora máis a todas as categorías cun horario máximo de ata ás 2:00 da madrugada en día normal, 2:30 horas en fins de semana, festivos, e vísperas destes. Poden chegar as 4:30 horas (máis desaloxo) con autorización municipal durante as festas patronais e populares. (Pero como se ven indicando, é realmente unha das excepcións,)
- Na sección de establecementos para atraccións e xogos recreativos desaparece a categoría completa de actividades recreativas destinadas aos menores de idade, con subcategorías como áreas de xogo en centros comerciais ou áreas de xogo con aparellos de uso infantil, e fusionase coa de parques de atraccións e atraccións recreativas, para crear unha nova categoría donde se inclúen os parques de atraccións e temáticos, parques acuáticos, salóns recreativos e parques multiocio.
- Na sección de desaparecen categorías como bibliotecas móviles, ludotecas, videotecas, hemerotecas, salas de exposicións, salas dedicadas á celebración de cineclubs e pazos de exposicións e congresos. Pola contra, créase unha nova categoría de salas de concertos con horario máximo ata as 7:00 horas. (Os horarios dos museos e biblioteca poderanse aumentar por encima das dúas horas de xeito motivado, algo que afecta tamén a actividades e establecementos deportivos cando concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas. Museos, bibliotecas e deporte (establecementos e actividades) son as únicas excepcións dunha posible ampliación por enriba das dúas horas).
- Na sección de establecementos de restauración desaparece a categoría de café-bar, que estaba integrada na mesma que os bares. Agora as cafetarías redúceselle o horario básico ata igualalo cos bares, ambas categorías cun horario máximo ata as 5:30 horas da madrugada. Tamén se lle reduce o horario básico os restaurantes en media hora, pasando das 2:30 as 2:00 h. pero que poden ter un máximo ata as 5:00 horas da madrugada. Esta sección só queda con catro variantes: Cafetarías, bares, restaurantes e Salóns de banquetes que en fin de semana podense desenvolver ata ás 4:00 horas da madrugada. Na sección de establecementos de ocio e entretemento. É unha das categorías que máis cambia. É ademais a categoría donde figuraba a polémica categoría de tablaos flamencos. Desaparecen a categorías de salas de bailes que tiñan horario ata as 5:30 h. Agora os propietarios destas instalacións terán media hora máis, ata as 6:00 horas da madrugada, podendo ampliarse ata 9:00 horas da mañán, optando pola categoría de Salas de festas ou discotecas, ambas co mesmo horario. Desaparece a categoría de café- teatro, café-concerto e café-cantante que tiñan horario ata as 5:00 horas. Agora integrase todo nunha soa categoría denominada Cafés-espectáculos, os cales se lle reduce o horario en 30 minutos, deixando o tope nas 4:30 horas da madrugada como horario básico, pero podendo amplialo ata as 7:00 horas da madrugada como máximo. Desaparecen tamén as categorías de karaokes, cibercafés, salón ciber e similares. Igualmente desaparece a categoría de exhibición especial que tiña un horario máximo ata as 3:00 horas da madrugada. Desaparece a polémica categoría de tablaos flamencos que tiña un horario máximo das 5:30 horas (6:00 horas en fin de semana, festivos e vísperas). Ahora os propietarios que desexen manter un horario máximo similar deberán optar pola categoría de Pubs (ata as 4:30 horas en fin de semana) ou cafés-espectáculo (ata as 5:00 horas en fins de semana), ambos ampliables como máximo ata 6.30 horas e 7:00 horas con autorización municipal en festas patronais e populares. Por encima destos horarios solo queda optar por Salas de festas e Discotecas, cun máximo ata as 9:00 horas da mañán. Ningún dos locales incluídos dentro desta categoría poderá abrir antes das 12.00 horas da mañán. O resto de establecementos abertos ao público, así como os espectáculos públicos e as actividades recreativas, non poderán abrir antes das 6.00 horas da mañá.
Dúbidas e contradicións
Segundo o informe, aínda que se concretou todo moito máis, e se eliminaron categorías reiterativas e obsoletas, a nova normativa non está exenta de certas dúbidas, contradicións e interpretacións unha vez que os departamentos municipais dos concellos e corpos de seguridad a van a analizando pouco a pouco e van recibindo as dúbidas do sector.
Por exemplo, hai unha categoría denominada actividades de restauración que se pode desenvolver ata as 4:00 horas da madrugada en fin de semana. Pero non podería desenvolverse no que sería o seu espacio natural, un restaurante, que en fin de semana solo ten un horario máximo ata ás 2:30 horas da madrugada.
Algo similar e contradictorio sucede cos espectáculos teatrais que poden desenvolverse ata as 4:00 horas da madrugada en días normais, e 4:30 horas en fin de semana. Pero no lugar natural de desenvolvemento destes espectáculos, nos teatros, sólo se lle permite un horario máximo ata ás 2:00 horas da madrugada entre semana e 2:30 horas en fin de semana.
Dando por suposto lóxico que unha boda se pode realizar nun restaurante, ésta terá un horario máximo ata ás 2:30 horas da madrugada en fin de semana. Pero si se opta por un establecemento que teña categoría de salón de banquetes o horario amplíase ata ás 4:00 horas da madrugada.
Que pasa nas verbenas
Tamén as contradicións afectan as festas e verbenas populares. Por un lado as verbenas permítense ata ás 4:00 horas da madrugada en semana e 4:30 horas en fin de semana. Pero por outro, as atraccións recreativas (non hai referencia a atraccións de feira ou festivas de verbena), que ademais contribúen económicamente ao desenvolvemento das verbenas, só se lle permita ata a metade, e dicir, ata as 2:00 horas da madrugada en semana e 2:30 horas en fin de semana.
No tema das atraccións das verbenas, parece que, aínda moitas situacións e supostos quedan no aire cheos de dúbidas. Porque tampouco se regula o seu funcionamento de forma específica e predeterminada en horas diurnas para conciliar a festa co descanso e o ruido diurno en determinadas zonas festivas como demandaban moitos veciños e entidades. Así, unha atracción deste tipo, e collendo como referencia os horarios máximos, pode estar aberta ata as 2:30 horas da madrugada en fin de semana e volver a abrir pasadas catro horas, é dicir, ás 6:30 da madrugada. Porque ademais cumplirían co establecido, de que, “os espectáculos públicos e as actividades recreativas, non poderán abrir antes das 6.00 horas da mañá”, nun apartado donde sólo hai unha limitación de non poder abrir antes das 12:00 horas da mañán para os establecementos que, tamén denomina de o “de ocio e entretemento”, pero que solo afecta a salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo e furanchos.
É obvio que non o van a facer, ao non ter demanda, pero nada lles impide, abrilos as 11 ou 12 da mañá, incluso antes, e telos en funcionamento durante todo o día sin interrupción, como efectivamente sucede en moitas zonas. Claro que agora os concellos poden reducir todos os horarios xerais en dúas horas para todo o termo municipal, ou para zonas concretas deste, en zonas de alta concentración de espectáculos ou establecementos, zonas calificadas e delimitadas como residenciais, ambientais protexidas ou saturadas cando a actividade que neles se desenvolva impida o dereito ao descanso da veciñanza.
Pero aínda así o horario podería ser moito máis absurdo e polémico.
Pero aínda hai máis dúbidas a este respecto. En que saco se meten as actividades de verbena? Todas no mesmo? unhas en atraccións recreativas e outras en parques multiocio (dúas horas de diferencia)?
Novas relacionadas
2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?.
- Maio 2020: Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?.
- 2018: 50 persoas, a cifra chave.
- 2018: Os 7 seguros que podes chegar a necesitar para organizar unha actividade recreativa coa nova Lei de Espectáculos.
- 2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos aos partidos do Fútbol da Costa e outras actividades deportivas?.