A Xunta apoia a contratación de 22 desempregados perceptores da Risga na bisbarra
 
          
    09:05 21/07/21 
            A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa de contratación de persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse 6 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 274.000 euros poderán contratar a 22 persoas con contratos de 9 meses de duración que lles proporcione unha experiencia fundamental para reinsertarse no mercado laboral.
| CONCELLO | TRABALLADORES | IMPORTE CONCEDIDO | 
| CAMARIÑAS | 2 | 28.339,74 € | 
| CARBALLO | 10 | 140.103,90 € | 
| FISTERRA | 2 | 20.618,28 € | 
| LAXE | 2 | 20.154,42 € | 
| PONTECESO | 1 | 10.309,14 € | 
| VIMIANZO | 5 | 55.112,85 € | 
| TOTAL | 22 | 274.638,33 | 
 
       
       
             
             
         
           
          